Despois dos actos vandálicos acontecidos nas recen inauguradas instalacións deportivas de Navia e unha vez postos en coñecemento da Concellalia de deportes de Concello de Vigo, tomou a determinación de contratar a unha empresa de seguridade que vele polo estado das devanditas instalacións.
A empresa comezou a prestar os seus servizos hoxe mércores dia 21 de xullo e neste primeiro dia a verdade é que tubo bastante traballo.
É triste que polo mal facer dalgúns veciños o Concello teña que gastar un diñeiro que se podía utilizar para outro tipo de cousas pero, somos como somos.
A explicación que algúns veciños nos daban cando se lle reprochaba que estivesen dentro das instalacións de que “non facemos ningun dano”esta claro que ao final non era verdade, por que as portas dos vestiarios quedaron esnaquizadas despois da sua ultima visita.
Por suposto esta presentada a correspondente denuncia na policia municipal