Imprimir

O TEMPORAL DESTA FIN DE SEMANA DEIXA PEGADA EN NAVIA

el . Publicado en Sucesos

O temporal de vento e choiva que asolou as Rias Baixas esta pasada fin de semana deixou a sua pegada na parroquia de Navia, principalmente en barrios costeiros como o de Samil.

A forte oleaxe rexistrada na noite do sábado ao domingo bateu con forza na praia de Samil volcando area sobre o paseo marítimo. Por momentos a auga do mar irrumpíu con forza nos estacionamentos ata a Avenida de Samil na zona diante do camping, obrigando a Policia Local a pechar ao tránsito rodado o vial durante varias.

Os servizos de limpeza traballaban esta mañá para recuperar e devolver a normalidade a praia de Samil onde a forza do vento tumbou varias árbores. No resto da parroquia deixouse sentir tamén en forma de desplazamento de colectores de lixo e ramallos e polas de árbores.