Imprimir

A BBC ESTIVO NA CASA DOS ALONSO COSTAS DE NAVIA

el . Publicado en Sociedade

Como foi que a BBC deu coa casa dos Alonso Costas en Navia está por descubrir. O caso é que esta semana o 0,4% da audiencia televisiva británica tivo a oportunidade de ollar o que resta da autosuficiencia alimentaria do fogar galego. O xornalista Simon Davis da BBC Four visitou un fogar do barrio de Quintela en Navia para gravar un anaco de reportaxe sobre o modo de cociñar tradicional galego en contraste con outras formas de cociñar como a do chef Ferran Adriá que tamén saíu no espacio. O documental de 60 minutos de duración foi emitido na canle británica o pasado 19 de xuño e a continuación ofrecemos o fragmento do vídeo no que sae esta familia de veciños de Navia.