The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

"MARIA DE LA O", VECIÑA DE NAVIA, HOMENAXEADA ONTE POLA FAVEC.

el . Publicado en Sociedade

A veciña de Navia, María Luzdivina Díaz Rodríguez, coñecida como María de la O para os veciños, foi homenaxeada na Festa Veciñal'06 organizada pola Federación de Asociación de Veciños Eduardo Chao de Vigo no parque de Castrelos esta pasada fin de semana.

Biografía da homenaxeada:
--------------------------

María Luzdivina Díaz Rodríguez, coñecida como "María de la O" para a xente de Navia, naceu un 8 de novembro do ano 1926 en Coiro (Cangas). Os seus pais José e María a deixaron en poder da sua avoa materna quen a criou ata que cumplríu 8 anos. Ela recorda estos anos coa sua avoa moi felices e sempre tivo nostalxia da sua terra alá na outra beira da ría.

Aos 8 anos a sua nai reclamouna para que axudara económicamente na casa e coidara das suas 3 irmás pequenas, volvendo en contra da súa opinión. Traballou no campo ao xornal de sol a sol, máis tarde por fábricas de conservas durmindo a ratos entre sacos, logo como empregada de fogar nas casas de xente adiñeirada en Bouzas onde lle ensinaron a levar unha casa e coidar a nenos.

Vivíu a Guerra Civil, quedando moi marcada no recordo, xa que presenciou como os soldados lle batían a sua nai e lle rapaban a cabeza como castigo polas palizas que lle propinaba a sua filla. Nunca recibíu cariño da sua nai e despois de varios anos de malostratos, roubar para comer ela e as irmás e dormir nos portais decidíu escapar e pedir acollida ás monxas Oblatas. As monxas ensinaronlle a escribir, leer e sumar; tamén a coser e cociñar. Novamente a nai foi a reclamala ás monxas e a pesar de negarse e chorar para evitar deixala acollida das monxas, mirouse outra vez traballando no campo para poder comer, xa que tódolos cartos que gañaba eran para a sua nai.

Co paso dos anos María foi forxando un forte carácter e convertíuse nunha muller moi esixente, tanto con ela mesma coma cos demais. Nunca precisou de ninguén para sair adiante e os problemas os solucionaba con valor, sin acobardarse ante nada. Foi unha muller moi guaba e que chamaba a atención por onde pasaba polo ben vestida e arreglada que ía en todo momento.

Volveu a traballar na industria conserveira e os encargados lle pedían que cantara namentres traballaba porque o facía moi ben e con unha voz moi potente e asó os traballadores non se durmían, pedíndolle sempre a canción de moda na época, María de la O. Dende entón lle quedou o seu famoso alcume. Durante o traballo na fábrica coñeceu ao que sería despois o seu marido que traballaba na fábrica próxima a sua. Era Manolo o Guerra de Alcabre. Manolo sempre pensou que ela era moita muller para él, pero María atopou tanto apoio nel que sempre o recorda como o pai, amigo, esposo e todo para ela. Pero tamén tivo que acostumarse a tirar ela do carro porque o seu compañeiro era inmensamente bo e con pouco carácter. Ela tiña polos dous. Casaronse cando María tiña 21 anos e embarazada de un neno que morreu aos 3 meses de vida. Casanronse sós e sen convidados con traxes prestados e a sua lua de mel foi unha película no cine Fraga e ao sair tomaron un chocolate con churros. Os seus primeiros anos de matrimonio os pasaron nunha casa en Alcabre e mais tarde noitra en Navia. O seu marido comezou a traballar nos Asteleiro Ascón e tódolos días moi cedo collía o barco para cruzala ría e voltaba de noite. María de la O paríu a 12 fillos ela soa en casa, coa axuda do seu marido, pero soamente viven 5 e comezou a exercer de matrona no pobo; trouxo ao mundo 36 meniños dos que amadriñou a 30.

Traballaba lavando roupa no río á xente con posibles e repartía o pan da panadería de Navia polas portas. Un día decidíu, que como se lle daba tan ben o peinar e maquillar ás veciñas, presentarse en Henrry Colomer a examinarse de peluquera sin ter estudiado. E como non ía ser, conseguíuno e ten o título enmarcado. Montou unha peluquería con moito traballo, xa que non tiñan auga, pero con moita fortuna. En tempos era a única peluquería en Navia e arredores, onde a xente facía cola ata os domingos para que María lles fixera un recollido ou unha das suas famosas permanentes, chegando a traballar ata 4 mozas con ela.

O seu forte carácter e o non calarse nunca cando tiña razón lle foron creando unha fama no pobo e a xente non sempre lle comprendían a sua forma de ser. Pero cando alguén precisaba de ela, María sempre estivo alí. A vida púxolle moitas zancadas e iso endurece a unha persona. Morreulle unha nena con ano e medio enferma do pulmón despois de meses de enfermidade e outra nena de 5 anos, coñecida como Helena a rubiales, faleceu dun día para outro a causa dunha reacción alérxica. Máis tarde lle morrerían uns xemelgos cun mes de vida e dous nenos ao nacer.

Deixou o negocio da peluquería cando se lle casou a sua filla maior que era a que coidaba dos seus irmáns, pero ás mulleres de Navia lles costaba moito non ir onde a María para poñerse guapas incluidos os domingos. A gran maioría das noivas do pobo se casaban peinadas por ela e tamén levaba os seus pendientes prestados. A familia saía adiante co salario do seu marido e do fillo maior que o aportaba íntegro. Con 54 anos ficou viuva nementres os fillos se facían maiores.
Co paso dos anos involucrouse na Asociación de Veciños. Cando comezou a construirse a sede da asociación, o Centro Cultural, edificada xusto en fronte a a sua casa. Acudían a ela os albaneis e membros da Xunta Directiva para calquera cousa: pedir unha pala, carretillo, chamar por teléfono, etc.

Cando se organizaba un magosto, unha sardiñada, unha comida, etc. María sempre estaba disposta e ofrecía tódolos utensilios e traballo necesario para facelo posible. Durante moitos anos encargouse de abrir e pechalo edificio da asociación veciñal -daquela todavía en obras- para a xente que ía a traballar na obra e moitas veces non marchaba de casa pendente de si precisaban de ela. No inverno achegaba café con leite quente aos obreiros que traballaban na obra do edificio da asociación veciñal, que por outro lado aproveitaban a casa de María para deixar gardadas ali as ferrementas.En moitas ocasións cando chegaban os membros das Xuntas Directivas a preparar e limpar o salón de actos da sede veciñal para algún evento, atopaban con sorpresa que xa estaba todo limpo e disposto: fora María que levantara ás 7 da mañá e o fixera todo ela soa.

Durante moitos anos estivo recorrendo a parroquia para levar ao cobro os recibos de socios porta a porta e facendo novos socios. Tamén durante bastante tempo se encargou da limpeza da sede veciñal e dos vestiarios do campo de futbol a cambio dun salario simbólico. O seu cometido de limpeza das instalacións da asociación veciñal o cumpría de forma moi extricta e eficiente, chegando ata o extremo de agobiar aos nenos e suas nais para que coidaran as cousas e tiveran coidado de romper nada. Isto lóxicamente lle trouxo máis dunha discusión coa xente e coa sua propia familia: · que a min dóeme que non se coiden as cousas porque mirei como se levantou este edificio con moito esforzo despois de moitos anos, e Isto é de tódolos socios e entre todos temos que coidalo - eran algunhas cousas das que dicía María.

O tomarse as cousas tan a peito e tratar que todo o mundo tivera o mesmo punto de vista lle trouxo máis disgustos que alegrías e pouco a pouco os seus fillos lograron convencela de que deixara o posto e as responsabilidades a outras personas e vivira máis tranquila. Durante moito tempo estivo sin poder entrar na sede veciñal porque sufría si miraba que algo non estaba como ela acostumaba: prantas con falta de auga, cristais suxos, entrada sen barrer, etc. Entón María se enfadaba e lle dicía a sua filla menor: ¿Pero que vai decir a xente de fora que veña á asociación de veciños a ver unha actuación? Van a pensar que aquí non coidamos as cousas. Dende a fiestra da súa casa moitas veces rifaba cos nenos que fedellaban e rompían as prantas e camelias da entrada do edificio e isto provocaba liortas coas nais dos cativos...

Fora a onde fora, o tema de conversación preferido de María era a asociación de veciños e o seu edificio cultural, sempre falando das Xuntas Directivas, lembrando con especial cariño das presididas por ilustres veciños coma Paco, Eusebio, Eduardo ou Xose. Agora, con 79 anos e cando a sua memoria esmorece, para ela todo está ben. E do que non temos dúbida algunha é que María, María de la O, ten merecidamente unha homenaxe de tódolos veciños de Navia.

(Texto redactado pola súa filla Nuria o 2 de xuño de 2006).

Calendario de Eventos

Julio 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365