Imprimir

13 de maio III Andaina pola defensa do Galiñeiro

el . Publicado en Sociedade

Organiza:
Plataforma pola defensa do Galiñeiro.

Os veciños de Navia podemos compartires coches e saír todos xuntos ás 9:30 dende o Centro Cultural para ir o punto de saída da ruta no aparcamento do campo de fútbol A Pasaxe, Vincios ás 10:30 h.
Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) 14:30 h.

- A Ruta terá a saída no cruce da Pasaxe, e rematará como tal no Parque Forestal do Galiñeiro, como nas anteriores Andainas.
Con unha lonxitude aproximada de 10 km (3:30-4:00 horas). Nivel da ruta medio baixo, sendeiros doados e con poucos tramos de desnivel.

- Despois do manifesto e o xantar, o acceso aos coches será polo sendeiro con unha duración de 15-20 minutos aproximadamente.

- Á Chegada lerase o manifesto. Poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá música e animación.

- Recoméndase levar: Calzado e roupa cómoda / Auga e comida para o final

Desde esta Plataforma convidámosvos a todas e a todos, desde a xente maior ata os pequenos e pequenas da casa, á III Andaina Pola Protecciónda Serra do Galiñeiro. Nesta ocasión realizaremos un novo percorrido, que denominaremos a Ruta da Auga.

A auga, o recurso natural máis prezado, estará presente ao longo de todo o camiño, pois
desta vez imos remontar un dos principais cursos fluviais da serra do Galiñeiro: o río Zamáns.
Principiaremos o noso roteiro sorteando as infraestruturas que invadiron
ferozmente as marxes do río, mentres procuramos a sombra fresca do seu bosque de
ribeira. Superada por fin a autoestrada do Miñor, adentrarémonos nun dos recantos
máis fermosos deste curso de auga: o Muíño de Maquía e a envolvente aveleda que o
enmarca; esta formación de aveleiras é un bosque de grande frondosidade e cunha
elevadísima biodiversidade.
A continuación rodearemos o encoro de Zamáns, unha mostra de como Vigo
e as vilas do Miñor puxeron os seus ollos nas augas do Galiñeiro cando o crecemento
urbano fixo medrar a demanda. A construción do encoro sacrificou porén os mellores
pastizais da parroquia de Zamáns, as denominadas Costas Boas.

Deixando atrás o encoro do río Zamáns seguiremos o seu afluente principal, o río de Vilaza ou de Vilaverde.
Atravesaremos un harmonioso conxunto etnográfico que ten como valores máis destacados os seus 6 muíños de río, sumados a outros elementos representativos tamén da cultura da auga, como un peirao, un lavadoiro e unha pontella, integrados todos eles nun característico bosque de ribeira ou amieiral. Este ecosistema aparece profusamente coloreado a finais do inverno con múltiples flores de apertura primaveral, como son as anémonas, as prímulas e os narcisos. Entre estes últimos, unha xoia do patrimonio natural da serra do Galiñeiro: o “mallo” (Narcissus cyclamineus), delicado endemismo
galego-portugués protexido por distintas normativas.

Abandonaremos por un momento o río de Vilaza e ascenderemos a carón da canteira
de Vilaverde e da estación sísmica de Zamáns, para volver novamente ao seu encontro no lugar de A Fervenza. Aquí o río salva as fortes pendentes da serra formando un espectacular salto de auga.

Deixaremos entón definitivamente o río para encamiñarnos cara o parque forestal de
Vincios, punto final da Andaina.

Aquí terán lugar os seguintes actos:

O GALIÑEIRO HÚMIDO
Lectura manifesto ao remate a cargo do escritor MANUEL RIVAS

Lectura de poemas a cargo de:
Pepe caccámo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira.

Actuacións Musicais:
Tino Baz, Cantareiras do Allba e Leo Arremecághona

Saída: Aparcamento campo de futbol A Pasaxe, Vincios ás 10:30 h.