REUNION ORDINARIA DE SOCIOS
Navia, 25 de marzo do 2014
Estimado/a socio/a:
Pola presente convocámolo á próxima asemblea xeral ordinaria, que terá lugar o
vindeiro sábado, 12 de abril no auditorio desta Asociación Veciñal
nas horas e orde do día que a continuación se indican;
ASEMBLEA
XERAL ORDINARIA
Primeira convocatoria: 17,30 horas.
Segunda convocatoria: 18,00 horas.
ORDE DO DÍA
1º.- Lectura e aprobación se procede da acta da reunión anterior.
2º.- Informe de xestión das distintas vogalías.
3º.- Lectura e aprobación, se procede das Contas do
2013.
4º.- Lectura e aprobación, se procede, dos
Orzamentos para o 2014.
5º.- Rogos e preguntas.
CABALGATA
DE REIS
A realización da cabalgata de Reis con percorrido pola parroquia ata o Pau con gran
cantidade de xente en todo o traxecto, rematou no Centro Cultural onde se
escenificou a Adoración dos Reis, cun auditorio abarrotado.
CARROZAS
DE CARNAVAL
Este ano en colaboración con Novo Vigo,
participamos con dúas carrozas na cabalgata de Carnaval organizada polo Concello de Vigo,
conseguindo o noveno posto entre un total de 19 carrozas participantes neste
desfile.
Así mesmo estivo moi animada a festa do martes de carnaval para os nenos que a pesar do mal tempo se presentaron 125 nenos
disfrazados
PRÓXIMAS ACTUACIÓNS
-Festa
dia das Nais.
O día 4 de maio ás 20,00
horas celebrarase un festival para homenaxear as dúas nais de maior idade e
regalaráselle unha flor a todas as nais asistentes ao acto.
-Día dás Letras Galegas.
O día 18 de maio
celebrarase o día das Letras Galegas coa actuación da masa coral desta
asociación e a coral de Coruxo.
Destas dúas actuacións anunciaranse con carteis e
megafonía en datas máis próximas.
Así mesmo informámoslle das distintas actividades que se están a desenvolver
nas dependencias desta asociación e ás que invitamos a todos os veciños/ás a
participar, xa que dispoñemos dun amplo abano que poida satisfacer a todos os
gustos, para o cal poden pasar pola oficina desta asociación, de 17,00 a 21,00 horas, onde
se dará toda a información necesaria.
Como é de costume agradécese todo tipo de colaboración e suxestións que poidan
achegar os socios/ás, co fin de mellorar a actuación e o servizo que se poida
ofrecer.
A XUNTA DIRECTIVA.