Imprimir

NOVO VITRASA POR TEIXUGUEIRAS

el . Publicado en Transporte

Por fin despois de moito pedir e traballar no tema, a vocalia de Teixugueiras foi quen de conquerir que ,O goberno municipal introducira as melloras solicitadas no funcionamento do transporte urbano.
Coello negociou coa asociacion de veciños as melloras que afectan o barrio de Navia en concreto á liña C5.
Así, a partir do día 4 de xuño o servizo ampliarase os días laborables ata a rua Teixugueiras cunha frecuencia de 30 minutos todo o día. Desta forma duplícase dito servizo cunha liña directa ao centro e dispoñendo de servizo de transporte cada quince minutos dando asi resposta o solicitado por medio dunha mocion presentada no seu dia polo BNG.