NOVO ACCESO A NAVIA
|
O Concello recuperou o proxecto para crear un novo acceso ao macropolígono residencial de Navia, cuxas comunicacións son escasas a pesar de que xa hai miles de vivendas habitadas. O proxecto de Orzamento de 2013 inclúe unha partida de 160.000 euros para executar a obra na glorieta situada baixo o segundo cinto (VG-20) no entroncamento de Ricardo Mella coa rúa Cañiza, moi preto dos dous edificios de promoción pública construídos pola Xunta no tramo central da rúa Teixugueiras, a arteria sobre a que se estende a urbanización de vivendas.
|