The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

A Comisión de Seguemento da Circunvalación sinala que a obra non ofrece as garantías para a súa inauguración

el . Publicado en Tráfico

A Comisión baséase nas deficiencias infraestructurais para alegar que existe un perigo real para a veciñanza e usuarios do futuro vial polo que se opón á súa inminente inauguración. Fomento segue sen dar resposta.

A Comisión de Seguimento do Segundo Cinto é taxativa na súa postura e defende que a inauguración só se dará cando a obra estea rematada. A Comisión fala de perigo real cando comproba que, na obra que nuns poucos días se prentende inaugurar, os falsos túneles están aínda sen facer, as conducións de augas subterráneas están sen rematar, non existen os pasos para a veciñanza e a seguridade para evitar desprendementos é deficiente.

A Comisión é consciente de que non está a dicir nada novo. Leva moito tempo reivindicando que as obras do Segundo Cinto sexan feitas con todas as garantías para a veciñanza afectada e a cidadanía en xeral. Neste contexto, non concibe o anuncio desta inminente inauguración.

Silencio dos responsables

A Comisión denuncia a falla de resposta por parte dos responsables de Fomento. Ante as demandas das infraestruturas que quedan por facer, nin o Director de Obra, nin o Enxeñeiro Xefe de Demarcación se pronunciaron ao respecto nin facilitaron, en modo algún, canles de diálogo.

A Comisión agarda que a apertura do Segundo Cinto non sexa como a da raqueta de Puxeiros; unha auténtica sorpresa para toda a cidadanía e unha decisión tomada a espaldas de todas as forzas políticas, económicas e sociais da cidade. Outra mostra do constante ninguneo da cidade e dos que nela habitan.

Para expresar todos estes argumentos e facer valer os dereitos da veciñanza, a Comisión de Seguimento do Segundo Cinto mantivo unha xuntanza, no día de onte, con representantes políticos e técnicos municipais mentres os responsables da obra seguen sen escoitar nin dar resposta.

Calendario de Eventos

Junio 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365