Imprimir

imaxes da memoria

el . Publicado en Cultura

En conmemoración do 17 de maio Día das letras Galegas, Día de Internet, e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, ponse en marcha o proxecto “Vigo • Imaxes da memoria” co obxectivo de promocionar o patrimonio histórico e cultural da nosa cidade.

Trátase dun Blog que recolle e amosa fotografías antigas da cidade de Vigo enviadas pola cidadanía. Polo que chamamos á colaboración de todas aquelas persoas que queiran participar nesta iniciativa, compartindo as súas imaxes na rede.

 

Para participar neste proxecto só tedes que enviarnos as vosas fotos antigas. Imaxes que mostren os barrios, xentes, casas, rúas ou negocios tal como eran fai anos. Xeitos de envío:

 

1. Enviar a foto dixitalizada ao e-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., acompañada dunha breve explicación ou anécdota relacionada coa imaxe, o ano aproximado no que se tomou a fotografía, e os datos persoais d@ participante: nome completo, teléfono, idade e e-mail (no caso de telo)

2. Aquelas persoas que non teñan os medios para dixitalizar as fotos poden traelas á Federación Veciñal na Praza da Princesa, nº 7 - 2º Andar, de luns a mércores en horario de 9h a 14h e, se queren, aprender a facelo.

A dirección para ver as fotos recibidas ata o momento ou introducir algún comentario é www.blogoteca.com/imaxesdamemoria

Axuntamos o cartel de difusión da iniciativa.

Agradecémos toda a difusión que poidades facer desta iniciativa, e especialmente o reenvío deste e-mail entre os vosos contactos. Porque cantos máis sexamos, máis recunchos da historia da nosa cidade poderemos amosar.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración

 

Un saúdo.