Imprimir

FULANO, CITANO E MENGANO: "O FARO"

el . Publicado en Cultura

O domingo 18 de marzo no centro cultural Fulano, Mengano e Citano: coa obra "O faro" ENTRADA GRATUITA.

  • Horario: as 19 hras.
  • Autores: Manuel Pombal, X. Manuel Conde, Manuel Botana.
  • Director:Fulano, Mengano e Citano.
  • Elenco: Manuel Pombal, X. Manuel Conde, Manuel Botana.
  • Público: Maiores de 6 anos.
  • Sinopse: Enrique, fareiro titular por oposición, debido a motivos que non son da incumbencia de ninguén nin, por suposto, tampouco dos espectadores, ten que ausentarse durante uns días e vai deixar un substituto no seu posto. O "interno clandestino", home de terra adentro, non viu un faro na súa vida e non ten "pajolera" idea de como funciona. Pero, que problema pode haber! Faro de última xeración, completamente automatizado, raio láser integral e tecnoloxía informática de sete estralos. Que problema? Ningún. Claro que dende que Murphy é Murphy e a súa lei vai como vai, xa nin deus está seguro. Xa veredes como neste idílico remanso de paz marítima non ha faltar quen lle toque os "testighos" ao noso interno clandestino. Aínda que ao mellor tamén é posible que non pase nada. Queremos sabelo? Pois a ver a obra, que para iso se fixo!