Imprimir

Concerto Solidario

el . Publicado en Cultura

Dende a Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de Navia informamos que este domingo, día 17 de xuño ás 19:00 horas, Acopovi en colaboración co Banco de Alimentos organiza un Concerto Solidario para a recollida de alimentos non perecedeiros e envasados.

Actuarán as corais polifónicas: “Virxe do Rocío” do Calvario, “Perla do Atlántico” de Alcabre e a coral “San Pelayo” de Navia, no centro cultural da A.V. “Emilio Crespo” de Navia,rúa bravo nº 6.

 

As doazóns depositaranse á entrada do auditorio.

Agardamos a súa colaboración.