Imprimir

Coral Polifónica Ureca

el . Publicado en Cultura

O sábado 6 de outubro ás 20:00 horas ACTUACIÓN DE CORAL URECA no Centro Cultural.

 

 

A Coral Polifónica URECA nace en outubro de 1963 por iniciativa do entón Presidente da Unión Recreativa de Empregados da Caixa de Aforros de Vigo (URECA), D. Julio Fernández Gayoso. Nos seus comezos estaba formado por vinte compoñentes, todos eles homes, empregados da entón Caixa de Aforros Municipal de Vigo, posteriormente fóronse incorporando as imprescindibles voces femininas, cun escaso grupo ao principio. Co paso dos anos foi abríndose posteriormente a familiares e achegados de empregados. Na actualidade compóñena 55 coralistas.

A súa primeira e importante actuación, tivo lugar o 31 de outubro de 1965, con motivo do Día Universal do Aforro. En xuño de 1967 actuou no Gran Hotel de Mondaríz, con motivo da XXVII Escola Internacional de Caixas de Aforros.

Desde o ano 1967 actuou en numerosas localidades de Galicia e do resto de España, así como en Portugal.

No ano 2009 acada o Primeiro Premio do Concurso Cantares Galegos da RTVG.

Con motivo da festividade da Virxe do Carme, a Coral leva varios anos cantando a Misa Solemne na igrexa parroquial dos Carmelitas, de Vigo, e no ano 2011, invitada pola Confraría, tamén cantou a Misa Solemne do Santísimo Cristo da Victoria, na Concatedral de Vigo.

O 29 de decembro do 2011, participou no IX Concurso de Panxoliñas da Catedral de Tui, acadando o 2º premio.

A Coral conta cun amplo repertorio, no que se inclúen obras clásicas, populares, zarzuelas e relixiosas, tanto españolas como de outros países, especialmente latinoamericanos.

En decembro do 2009, a Coral Polifónica URECA, xunto con a Coral Polifónica da A.V.C. de Valadares e a Coral San Mamede de Zamáns, forman o Orfeón Francisco Rey Rivero.

A Coral esta integrada en FECOGA e ACOPOVI, así como no Convenio Cultural da Deputación de Pontevedra.

Desde a súa fundación, a Coral estivo sempre baixo a dirección de D. FRANCISCO A. REY RIVERO. O 1º de xaneiro do 2012, asume a dirección da Coral Dª TERESA CLARA IGLESIAS RAMILO.

 

 

Dª TERESA CLARA IGLESIAS RAMILO

 

Naceu en Valadares (Vigo), no seno dunha familia dedicada tradicionalmente a música.

Cando tiña once anos incorpórase a Coral Polifónica de Valadares, sendo a solista da mesma ata agora.

Recibiu clases do seu irmán, José Iglesias Ramilo, director da Coral Polifónica de Valadares e da Banda da Unión Musical de Valadares, así como do Mestre Francisco Rey Rivero, ademais de clases de canto e solfa.

Recibiu cursos masterclass de técnicas vocais con Helen Rowson e Viv Manning. Tamén recibiu clases de dirección e canto coral de Alina Orraca, da escola cubana Cantorum Coralina.

En 1997 funda e dirixe durante doce anos a Coral Polifónica de Tomiño.

O 1º de febreiro do 2010, incorporóuse como subdirectora da Coral Polifónica URECA, asumindo a partir de xaneiro do 2012 a dirección da mesma.



 

PROGRAMA:

 

1

Yo quiero ser marinero

M. Celdrán/Arm. F. Rey Rivero.

2

El mar

Mendelssohn

3

Un viejo amor

Esparza.

4

El abanico

Trayter.

5

Tierra bendita

Jaroff.

6

Linda flor

Francisco Rey Rivero

7

Romance

Mozart.

8

Cantiga de Marín

Popular. Arm. F. Rey Rivero.

9

Flor do romeo

Francisco Rey Rivero

10

Enguedellos

Popular. Arm. F. Rey Rivero.

11

Boga, boga

Guridi.