The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

SISIFO TEATRO REPRESENTA "PARELLA ABERTA"

el . Publicado en Cultura

O sabado dia 20 as 8 do seran, no auditorio do centro cultural representacion da obra de teatro "parella aberta" entrada gratuita. Sísifo Teatro foi creada en 1984 polo director Manuel Camba. As últimas producións deste grupo teatral son "Lexionaria", de Fernando Quiñones; "Rosa de dos aromas", de Emilio Carballido; "¿Que...?", de diversos autores contemporáneos; "O bico da muller araña", de Manuel Puig; "Variacións en escabeche", con textos de Rafa Costas, actor da mesma compañía, e Anton Chejov; e "Parella aberta", de Franca Rame e Darío Fo, en tradución e adaptación de Cándido Pazó. Franca Rame, actriz e autora teatral, escribiu "Parella aberta" xunto con Darío Fo, tamén actor e dramaturgo e marido de Franca Rame dende 1954. Ambos os dous escriben e representan obras cunha enorme carga social, que lles acarrean problemas coa censura, mais vense recompensadas en 1997 cando Darío Fo recibe o Premio Nobel de Literatura. "Parella aberta" é unha obra dunha parella de corentóns, Antonia e Pío, que constitúen un matrimonio con fillos. Unha parella coma tantas de non ser porque Pío rompe co tradicional convencionalismo da fidelidade e adoba o seu vivir relacionándose con outras mulleres. A ninguén llo oculta, nin sequera á sufrida Antonia, a quen incluso anima para que faga o mesmo. A obra será representada polos actores Rafa Costas e Marisa Rado e terá unha duración aproximada de 1 hora e 45 minutos. A entrada ao recinto é libre e gratuíta e cambiará en caso de inclemencias meteorolóxicas, celebrándose no Auditorio Municipal, tamén con entrada gratuíta até completar aforoA obra será representada polos actores Rafa Costas e Marisa Rado e terá unha duración aproximada de 1 hora e 45 minutos. A entrada ao recinto é libre e gratuíta celebrándose no Auditorio de A.V. Navia, tamén con entrada gratuíta até completar aforo.

Imprimir

FULANO, CITANO E MENGANO: "O FARO"

el . Publicado en Cultura

O domingo 18 de marzo no centro cultural Fulano, Mengano e Citano: coa obra "O faro" ENTRADA GRATUITA.

  • Horario: as 19 hras.
  • Autores: Manuel Pombal, X. Manuel Conde, Manuel Botana.
  • Director:Fulano, Mengano e Citano.
  • Elenco: Manuel Pombal, X. Manuel Conde, Manuel Botana.
  • Público: Maiores de 6 anos.
  • Sinopse: Enrique, fareiro titular por oposición, debido a motivos que non son da incumbencia de ninguén nin, por suposto, tampouco dos espectadores, ten que ausentarse durante uns días e vai deixar un substituto no seu posto. O "interno clandestino", home de terra adentro, non viu un faro na súa vida e non ten "pajolera" idea de como funciona. Pero, que problema pode haber! Faro de última xeración, completamente automatizado, raio láser integral e tecnoloxía informática de sete estralos. Que problema? Ningún. Claro que dende que Murphy é Murphy e a súa lei vai como vai, xa nin deus está seguro. Xa veredes como neste idílico remanso de paz marítima non ha faltar quen lle toque os "testighos" ao noso interno clandestino. Aínda que ao mellor tamén é posible que non pase nada. Queremos sabelo? Pois a ver a obra, que para iso se fixo!

 

 

Imprimir

PROXECCIÓN DO VÍDEO SUBMARINO: "MAR DE CORAL"

el . Publicado en Cultura

O próximo xoves 23 de abril a partir das 20'00 horas proxectarase o video submariño Mar de Coral no auditorio da sede veciñal de Navia (Vigo), rodado por Cándido Costas no Mar Roxo en outubro de 2005. As seguintes proxeccións serán os dias 30 de marzo e 4 de abril ás 20'00 horas cos títulos Vixiando o Mar Roxo e Mares en perigo, todos eles cunha duración de 45 minutos.

Calendario de Eventos

Julio 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365