The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A I MARCHA CICLISTA A NAVIA

el . Publicado en Deportes

A Asociación Veciñal de Navia organiza a I Marcha Ciclista de Navia para o domingo 23 de abril ás 11'00 horas cun percorrido de 12 quilómetros polas rúas e barrios da parroquia, con saida na Alameda da Debesa e meta na nova urbanización de Navia. Ademais sortearánse bicicletas, premios e agasallos entre tódolos participantes.

A I Marcha ciclista de Navia xurde como resposta a necesidade e o desexo de que os novos e futuros habitantes do PAU Navia coñezan ao resto da parroquia e os propios residentes da parroquia coñezan aos novos veciños e o barrio. Coa celebración de actos sociais comúns conseguirase reforzar a unión e coñecemento mútuo entre as dúas particularidades poboacionais da parroquia.

Na I Marcha ciclista de Navia poderá participar todo aquel que o desexe, sexa veciño ou non de Navia, sen límite de idade. únicamente se precisa para participar unha bicicleta e moitas ganas. Realizarase un percorrido cunha duración estimada de case 2 horas con saida na Alameda de Navia sobre ás 11'00 horas, percorrendo varios barrios da parroquia e finalizando cunha chegada no parque central da urbanización do PAU Navia.

Ao finalizar, na liña de meta instalada no parque da urbanización do PAU Navia, realizaránse sorteos de varias bicicletas, premios e agasallos (divididos según idades) así como se proporcionarán bebidas e comida aos participantes para repoñer forzas. Todo o percorrido estará amenizado con música ambiente.

Inscripción
Para inscribirse os interesados deben pasar pola oficina veciñal na rúa Bravo, nº6 en horario de luns a venres de 17'00 a 21'00 horas.

Aconséllase realizar as inscripcións días antes da marcha para evitar problemas á organización no mesmo día na liña de saida. Coa inscripción entregarase un dorsal a cada participante que otorgará o dereito a participar no sorteo das bicicletas, premios e agasallos.

Previsión meteorolóxica
A previsión do tempo para o domingo 23 de abril será de ceo despexado. Temperaturas en ascenso moderado, principalmente nas máximas acadando os 15 grados ás 11.00 horas, momento da saida. Ventos do nordés frouxos, con intervalos moderados acadando sobre os 6 nudos ás 11.00 horas.

Colaboran

Direción Xeral para o Deporte Estadio Multiusos de San Lázaro 15781 Compostela. www.deportegalego.es
Concello de Vigo Praza do Rei, nº1, 36202 Vigo. www.vigo.org
Begano, S.A. (Coca Cola) Avda. de Madrid, nº4, 36214 Vigo www.begano.com
Frutas Nieves, S.L.   www.frutasnieves.com
Anca, S.L. C/ Seara, nº62, 36211 Vigo. www.anca.es
  Os Lobiños Cafetería-Parque infantil. - Rúa Teixugueiras, nº20, 36212 Vigo.  

Calendario de Eventos

Junio 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365