The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

CAMPO MANUEL PAHIÑO

el . Publicado en Deportes

tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, inauguraron onte o novo campo de fútbol municipal de Navia, que leva o nome do ex xogador do Celta, Deportivo e Real Madrid, Pahiño. Na súa intervención, o tenente de alcalde destacou que esta nova infraestrutura é un exemplo máis da aposta do BNG polo deporte de base.

 

Santi Domínguez tamén afirmou que este novo campo amosa o compromiso coa mellora das infraestruturas deportivas de Vigo. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou que era un día "moi importante para esta cidade", xa que coa inauguración deste campo dase un paso máis mellora das dotacións deportivas da cidade. Explicou que a elección de Pahiño para dar o nome ao campo "non é casual", xa que o xogador naceu en Navia.

O protagonista da xornada foi o ex futbolista Manuel Fernández "Pahiño", encargado de facer o saque de honra do partido que disputaron os equipos de veteranos de Celta e Deportivo, que rematou cun contundente 6-2 a favor do equipo vigués. Na súa intervención, Pahíño amosouse moi emocionado por dar nome a un campo de fútbol e lembrou os seus difíciles inicios no mundo do deporte.

O acto, no que se descubriu unha placa conmemorativa e o intercambio de agasallos entre as diversas entidades participantes, contou coa presenza dos representantes dos diferentes clubs da cidade, así como dos veciños e veciñas da parroquia.
 
Imprimir

INAUGURACION DO CAMPO DE FUTBOL

el . Publicado en Deportes

Pois si o próximo dia 13 de xuño de 2010 vaise a facer a inauguración do novo campo de fútbol de Navia.

Os actos comezarán as 12 da maña  e ademais dos procedentes discursos teremos un partido inaugural entre veteranos do Celta e o Deportivo e aínda que mantivemos conversa cos xogadores do real Madrid non foi posible por problemas económicos de cegar a un acordo e facer un triagular.

De todas maneiras  a demais de con  Manuel Paiño contaremos co xogador veteran do Real Madrid Zunzunegui defensa que xogou seis temporadas nos anos sesenta

Esperamos que todo resulte ven e por suposto contamos con todos os veciños e veciñas de Navia para ese dia

 

Lembrade o dia 13 as 12 da maña

Imprimir

Santi Domínguez avanza que o pavillón e o campo de fútbol de Navia, cun investimento de 6 millóns, serán realidade en xuño

el . Publicado en Deportes

Vigo, 8 de marzo de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este luns as obras do pavillón e o campo de fútbol de Navia, que contaron cun investimento de case 6 millóns de euros financiados polo Plan E correspondente ao 2009. Na súa intervención, o tenente de alcalde destacou que a finais do mes de xuño “será realidade o segundo polideportivo de Vigo tras As Travesas”.

Imprimir

APROBADO O NOME DE PAHIÑO PARA O CAMPO DE FUTBOL

el . Publicado en Deportes

Na reunion mantida coa Concelleria de deportes o paso venres dia 5 decidiuse e a peticion da asociacion de vaciños de Navia que o campo de futbol proximo a inagurar leve o nome do mais ilustre futbolista que esta parroquia tivo ata o momento; MANUEL FERNANDEZ "PAHIÑO".

Estamos a traballar e negociar para que a inauguracion sexa toda unha omenaxe para este home veciño da parroquia que ademais de futbolista foi todo un persoeiro. En canto teñamos os actos para esa datas pechados informaremos,nesta paxina tratamos de traballar con feitos consumados non con suposicions.

Calendario de Eventos

Julio 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365