Imprimir

Santi Domínguez avanza que o novo complexo deportivo de Navia está executado nun 35% e rematará en xuño

el . Publicado en Eventos

Vigo, 26 de marzo de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este venres que a obra de contrución do complexo deportivo de Navia está executada nun 35%, polo que está previsto que rematen a finais do mes de xuño. O nacionalista lembrou que a construción do pavillón e o campo de fútbol teñen un investimento total de 6 millóns de euros, financiados concargo ao Plan E do 2009.
Santi Domínguez destacou que as obras do que denominou “segundo polo deportivo tras As Travesas” marchan “a bo ritmo” co obxectivo de que rematen a finais do mes de xuño. Neste sentido explicou que ao longo desta semana rematará a construción da estrutura metálica da cuberta e unha semana despois a estrutura da fachada e que no prazo dun mes estará finalizada a cuberta. Sinalou asemade que paralelamente se está xa traballando no acabado interior.

O tenente de alcalde explicou que o pavillón terá capacidade para 1.500 espectadores e estará dotado con ximnasio, enfermería, ascensor, oito vestiarios, sala de control antidopaxe e bancada móbil para 384 espectadores. Respecto ao campo de fútbol, indicou que estará ubicado anexo ao polideportivo, terá unhas dimensións de 60x 100metros, cinco vestiarios e capacidade para 432 espectadores.

Por outra banda, Santi Domínguez aclarou que o retraso da execución da obra débese a que foi necesario rescatar a adxudicación inicial do pavillón, polos incumprimentos da empresa. “Este tipo de situacións están previstas dentro das esixencias do Plan E, polo que temos un