The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

ESCRITO Ó SR. CALVIÑO E MEDIOS DE COMUNICACION

el . Publicado en Eventos

concello_vigo

Estimado Señor Calviño.

Esta Asociación Veciñal, por medio do presente escrito, quere expresar o seu total rexeitamento e oposición á intención, por parte da Concellería de Tráfico que vostede dirixe, de dar pulo á idea desmedida da creación do XER (Xestión de Estacionamento Regulado) na Parroquia de Navia, así mesmo queremos expresarlle o noso malestar pola escasa ou nula atención que lle ten prestado ás nosas demandas e propostas.


Entendemos que teña que haber ou existir unha zona azul controlada alí onde o demanda a actividade comercial para darlle rotación ós vehículos, pero non nunha zona nova de carácter eminentemente residencial, a non ser que a súa pretensión sexa única e exclusivamente a recadación. Non comprendemos como vostede ten a ousadía de propor como única solución ó problema de tráfico e aparcadoiro que sufre a zona nova de Navia, o cobro á veciñanza por aparcar na rúa pública, como se dese xeito xa quedara arranxado o problema (que afecta case en exclusiva a persoas residentes e non tanto a persoas usuarias de servizos no barrio), e omitindo todas aquelas demandas relativas ao seu departamento que lle vimos facendo desde vai tempo, e que son realmente importantes. Neste senso, lembrámoslle que a última xuntanza, e única polo de agora, que mantivemos con vostede foi o 5 de Xaneiro de 2008 (sí, 2008), e iso que tivemos que demandarlle ante a prensa, de forma irónica para ver se ó fin nos facía caso, uns cantos centos de chalecos reflectantes para repartir entre a veciñanza, dados os problemas dos accesos peonís.

Daquela reunímonos con vostede e todo foi moi bo “talante”, pero nada máis, nin se cumpriu nin se solucionou ningunha das demandas que os responsábeis da Asociación Veciñal alí lle formulamos, tampouco atendeu a ningunha das queixas e suxestións recollidas nos múltiples escritos e documentos de propostas que lle temos achegado: beirarrúas ó polígono do Caramuxo, pasos peonís elevados en distintos puntos da parroquia, límites de velocidade axeitados para a incorporación a Teixugueiras dende o cinto, control dos vehículos aparcados nas rotondas, nas aceiras e nas entradas ós garaxes, xa que obrigan ós residentes a subir pola beirarrúa para saír ou entrar aos mesmos, control dos coches aparcados en zonas para persoas discapacitadas, control de vehículos aparcados en zonas verdes (aínda sen acondicionar pola concellería de parques e xardíns), control de camións de desterro e de outros alleos ás obras a ao barrio que circulan libremente pola zona residencial, control de vehículos a velocidade elevada que pasan por distintos puntos da parroquia (diante do colexio, Alameda da Devesa...), control do aparcamento de camións-trailer estacionados na zona, imcumprindo a propia normativa do concello, comunicación segura e axeitada cara a zona de Coia, e poderíamos seguir.

Señor Calviño, temos demandado en reiteradas ocasións xuntanzas con vostede pero segue sen respostar; dende aquí querémoslle lembrar que somos nos os seus administrados, pero tamén queremos deixarlle presente que vostede está aí porque o puxemos nos, que os mandatos son limitados e que en Navia vivimos varios miles de persoas votantes para as que resulta moi molesto que a única resposta súa a todas as demandas feitas sexa poñer zona azul.

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/02/19/0003_7539144.htm


Asdo: Xunta Directiva-Presidente AAVV NAVIA.

NAVIA-VIGO, 13 de febreiro de 2009

Calendario de Eventos

Septiembre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365