Imprimir

NOITE DO SAMAIN 2007

el . Publicado en Eventos

O próximo día 31 de outubro

 

celebraremos a terceira edición da noite de SAMAIN na dehesa de Navia.
A estrutura da festa será como de costume con elaboración de cabazas a partir das seis da tarde, que serán acendidas á noitiña, actuacións teatrais sobre as nove da noite, música tradicional de seguido, venda de produtos elaborados con cabaza, castañas, queimada etc.

Para organizar todo isto necesitariamos a colaboración dos veciños da parroquia que nos achegasen as sobremesas elaboradas con cabaza, algo de augardente e todo creádelo que poida ser interesante para a festa. Outro tipo de colaboración seria a de axudar o propio día con todo o tema da festa.


O mesmo día poranse á venda as camisetas conmemorativas da festa a un prezo de 6€ cada unha.

Grazas anticipadas de antemán e esperámosvos a todos e todas

Un saúdo