Imprimir

NOITE DO SAMAÍN 2006: ACTOS

el . Publicado en Eventos

En 2005 a A.V. de Navia decidiu recoller a proposta lanzada desde Cedeira e sumarse á celebración do Samaí­n galego. Detrás de nos habí­a unha tradición de crenza nos mortos e un xogo infantil que consistí­a en converter cabazos en caveiras medoñas que se colocaban nos caminos máis escuros da aldea, coa ilusa intención de asustar as vellas que volví­an do rosario ou os vellos viñan de beber na taberna.

Hoxe, pensar que este xogo infantil pode ter raí­ces profundas na nosa prehistoria máis esquecida, que pode remontarse a tradicións onde todo formaba parte dun ritual social que tina que ver coa morte e coa vida, co paso das estacións, co valor da tribo ou coa iniciación no mundo segredo dos espí­ritos e dos deuses prodúcenos unha vertixe difí­cil de precisar.

Non podemos deixar de sentir unha miga de orgullo. Fronte o desvarí­o holliwoodiense do halloween que percorre os medios de comunicación, reencontramos, coa imaxinación de Cunqueiro e de Eduardo Pondal un delicado fí­o que engarza a voz dun vello petrucio que conta historias de medo e os ollos abertos dunha criatura que vai para a cama con pensamentos do terrí­bel e magní­fico que é o mundo. No fondo, a gargallada estentórea do río da vida. Non importa que o medo mítico e primordial percorra as corredoiras de antaño ou que apareza nas xanelas iluminadas dun edificio de quince alturas co son da patrulla policial de trasfondo, pero hai unha diferenza esencial entre vérmonos sentados no sofá do salón ollando para a televisión comendo pizza e sentírmonos ao ar libre, baixo un ceo de nubes e de estrelas, ao exiguo abrigo das árbores que perden a folla, na escuridade rota por lámpadas de carburo e brillantes carautas de cabaceira, á espera de que douscentos faranduleros invadan o espazo para sertirmos que aínda seguimos vivos.

Non acreditamos en que exista unha fronteira definida entre o Vigo urbano e o Vigo periférico por moito que queiran convencernos. As gárgolas de García Barbón abandonan os edificios, os barcos da ardora descargan peixe fresco no Berbés, hai un aire arcaico no calexón de Núñez, no polígono de Navia especulan os promotores, as ondas da praia de Samil deixan a descuberto a Pedra das Arolas, as Illas Cíes identifícannos e permanecen no horizonte, o tráfego de automóveis desaparece do Paseo de Alfonso. Alén, o 31 de outubro de 2006, veremos cómo a fascinación do lume nunha caverna da prehistoria se converte en símbolo dunha cidade moderna baixo a ollada de todo o saber que levamos dentro.

 

PROGRAMA
31 de outubro

A partir das 17.30 h. Obradoiro de caveiras.
Pódense achegar todos os rapaces/as que queiran para aprenderen a facer una caveira dun cabazo. Tamén poden vir os adultos/as que saiban ou queiran facer as caveiras para ensinarlles aos máis mozos

A partir das 19.30 h. do serán apagaráse a iluminación pública e acenderemos as caveiras colocadas por toda a Devesa. A partir de entón comezará a foliada.

- Magosto.
- Contos de medo.
- Teatro.
- Poción máxica de Amerghín.
- Música de gaitas, zanfonas e pandereiteiras.
- Queimada.