The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

NOITE DE SAN XOAN: SARDIÑADA E FOGUEIRA.

el . Publicado en Eventos

Noite de San Xoán: sardiñada na sede veciñal e fogueira no Redondo.

A falta de poucas horas para a chegada do solsticio de verán coa Noite de San Xoán, xa se están realizando os últimos preparativos para a sua celebración na nosa parroquia: cunha sardiñada na sede veciñal e unha fogueira no barrio do Redondo.

A Asociación Veciñal de Navia organiza exclusivamente para os seus socios/as unha sardiñada e chourizada regada con viño do país na sede veciñal, a partir das 22.00 horas da noite do venres. Para poder recoller as racións de forma gratuita os socios/as deberán entregar as invitacións que se lle entregaron nos domicilios nos últimos días. No caso de que un socio/a non recibise a carta coa sua invitación pode retirala nas oficinas da asociación veciñal ou no mesmo momento da festa gastronómica amosando o DNI do socio/a titular.

Por outra banda, e como xa ven sendo tradición na parroquia de Navia, os veciños do Redondo e de Quintela están montando unha fogueira creativa cun deseño reivindicativo-festeiro para prenderlle lume na noite do venres a partir das 23.45 horas. Na confección da fogueira xa levan traballando varias semanas, pero do deseño deste ano non transcendeu ningunha información todavía, pois esta é gardada celosamente ata o chegado o día da queima purificadora.

 

Como tódolos anos agardase que decenas de veciños se despracen dende distintos lugares da parroquia ata o barrio do Redondo para presenciar e festexar a queima da fogueira. Finalizada a queima a festa continuará no torreiro da Alameda da Debesa coa amenización musical das festas patronais que se viven estos días na honra a San Paio.

Calendario de Eventos

Septiembre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365