Imprimir

CELEBRACION DA FESTA DOS MAIOS

el . Publicado en Eventos

Este ano, por primeira vez en moito tempo, recuperarase na parroquia a celebración dunha festa tradicional galega: a Festa dos Maios. A celebración desta festa comezará o venres 5 e continuará o sábado 6 de maio.

Os actos de celebración comezarán o venres 5 ás 16.00 horas coa confección do Maio nas instalacións da Asociación Veciñal de Navia.

A celebración continuará o sábado 6 a partir das 17.00 horas co paseo do Maio polas rúas e camiños da parroquia acompañado polo canto das coplas compostas para a ocasión.

Na escenificación do paseo do Maio pola parroquia participarán os rapazes do Grupo de Teatro Navia.