Imprimir

Escola de Arte Dramático

el . Publicado en Educación

Escola Arte DramaticoA Escola de Arte Dramática en Navia comeza a facerse realidade. Aproveitando o primeiro día de Febreiro as máquinas entraron na parcela E4-2 de 8.500 metros cadrados, na rúa Poza Cabalo para comezar coas escavacións e movementos de terras. Cun orzamento de 6,2 millóns de euros a escola de Arte Dramática constituirá un referente no sector das artes escénicas e del espérase que sexa unha institución cun nivel de excelencia educativa, técnica e artística que permita aos novos profesionais dedicarse á creación, á formación e á investigación con todas as garantías de éxito. O edificio constitúe un proxecto ambicioso tanto desde o punto de vista estético como desde o punto de vista da súa funcionalidade

 

O conxunto da obra contará cunha superficie total construída de 6.145 metros cadrados. Así, ao edifcio, que formará a primeira fase da ESAD accederase a nivel da praza central. Un cortavientos acristalado común introducirá, por unha lado, a cafetería do centro e por outro, ao vestíbulo. Ao construír a segunda fase, a cuberta da cafetería será o apoio dunha terraza con acceso directo desde a propia cafetería. Nesta planta de acceso situaranse a zona de Administración e os distintos despachos e departamentos. Na planta baixa estarán situadas as aulas de maior superficie e altura, como as de expresión corporal, interpretación, dirección de escena, etc. Nesta planta situarase ademais o taller de vestiario e o de caracterización. Nas plantas primeira e segunda estarán situadas as aulas teóricas e as aulas de expresión oral e canto, xunto coa biblioteca