Imprimir

VIVENDA INTERVIU ONTE NUNHA ROTURA DA REDE DE SANEAMENTO DO PAU NAVIA

el . Publicado en Saneamiento

A Consellería de Vivenda e Solo activou a equipa que está permanentemente preparada para facer fronte a calquera incidencia na rede de saneamento do polígono de vivendas do P.A.U. de Navia despois de coñecerse a rotura dunha tubería que afectaba a augas fecais para proceder a súa inmediata reparación.

Nada máis ter coñecemento do problema, desprazáronse dous técnicos da Consellería a urbanización para, en colaboración cunha empresa especializada neste tipo de traballos, establecer cal era a mellor maneira de actuar para solventar a rotura da tubería. O delegado provincial, Eudosio Álvarez, explicou aos veciños as medidas adoptadas que para empezar pasan pola utilización dun camión bomba que succione os residuos e desatasque a tubería para pasar a unha posterior reparación da mesma.

A Consellería de Vivenda era consciente de que esta situación podía darse, como explicou a conselleira na súa primeira visita a Navia, debido a estado de deterioro da maior parte da rede de saneamento pese a tratarse dunha urbanización recen inaugurado. Unha situación herdada da Administración anterior, que a Consellería vai solucionar mediante a contratación das obras no próximo mes de maio por un importe inicial de 1,3 millóns de euros, obras que serán contratadas a través de Xestur-Pontevedra, unha vez aprobada a súa licitación no último consello de administración desta entidade dependente da Consellería de Vivenda e Solo, e que se prevén finalizar arredor do mes de setembro.

Eses foron os prazos expostos pola Consellería tendo en conta que este tipo de obra non debe realizarse en época de choivas pola dificultade e as molestias engadidas para os residentes que suporía.

Mentres a totalidade da obra non se leva a cabo, e en previsión de posibles roturas na rede como a sucedida agora, o departamento que dirixe Teresa Táboas ten preparada unha equipa técnica de dous técnicos e unha empresa que está advertida para actuar a maior rapidez ante calquera eventualidade.