The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

Apertura do Centro de Saúde

el . Publicado en Sanidade

Con moito retraso sobre o inicialmente previsto, o día 7 de maio inaugurouse o Centro de Saúde do noso barrio. Nos últimos dous anos, a Asociación Veciñal de Navia “Emilio Crespo” tivo que denunciar este retraso inxustificado de distintos xeitos: falando directamente cos responsables políticos, mediante varios escritos presentados no rexistro da Xunta de Galicia, e con notas de prensa enviadas aos medios de comunicación. Como resultado conseguimos o compromiso de apertura para maio e, aínda que tarde, dámoslle a benvida a esta infraestrutura tan necesaria para as veciñas e veciños de Navia. Agora tócanos asegurar que se dota do persoal, das especialidades médicas e dos equipamentos suficientes para dar unha atención sanitaria pública de calidade á poboación adscrita a este centro. Estaremos expectantes.

 

A día de hoxe, están traballando catro médicos de familia e un de pediatría.

Deses catro médicos, hai un co “cupo” aberto para os que decidan pasarse xa a este centro. Trátase da Dra. Isabel Barrios, que antes consultaba no C.S. de Beiramar. Os especialistas desta Dra., corresponden maioritariamente ao Hospital Xeral.

 

Para poder inscribirse, é necesario presentar a Tarxeta Sanitaria e o DNI, no mostrador do centro.

 

O horario do centro é de 8:00 a 15:00 horas. Mais adiante, conforme aumente a demanda de inscritos, poderá ampliarse o horario de atención para a tarde.

O tlf. para solicitar cita no propio centro é: 986.821.949

O tlf. de información ou para contactar directamente cos médicos é: 986.821.945

 

Ademais de poder pedir cita entrando na páxina web do Sergas, tamén pódese solicitarse no teléfono único do Sergas (centraliña): 986.806.350, dispoñible ás 24 horas, no que se seguirán os pasos que indica o sistema informático.

 

Imprimir

A Xunta abrirá o luns o centro de saúde de Navia

el . Publicado en Sanidade

Segun se  nos informoun na reunion que tivemos coa  Delegada da Xunta de Galicia Mº Xose Bravo Boch o centro de saúde de Navia, o máis novo de Galicia, empezará a funcionar o vindeiro luns.

A infraestrutura sanitaria situada na zona de expansión da cidade está preparada para atender a 45.000 persoas, segundo os plans iniciais do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Pero esa é a súa capacidade máxima. De entrada non a cubrirá porque a Xerencia de Atención Primaria, o organismo responsable do centro, non o dotará dos médicos suficientes.

O ambulatorio sufriu un recorte tras pasar os trámites urbanísticos do Concello. Un problema coas paredes do centro, que non se adecuaban á normativa, obrigou a reducir de 17 a 14 as consultas previstas. Ademais, a crise impide ao Sergas completar a súa dotación.

Do edificio beneficiarase, sobre todo, o centro de saúde de Coia. Trátase un dos máis saturados de Vigo e a idea é que no futuro algúns pacientes que agora acoden a Coia acaben cun médico de cabeceira ou pediatra en Navia. Pero chega con polo menos catro anos de atraso sobre o previsto inicialmente.

De momento, viña funcionando no centro de especialidades de Coia (o da rúa Marín) unha unidade pre-Navia, na que atendían os médicos que agora se incorporarán ao novo centro de saúde.

Imprimir

DEBATE SOBRE O NOVO HOSPITAL

el . Publicado en Sanidade

  

NOVO HOSPITAL DE BEADE 

 

ASALTO A SANIDADE PÚBLICA?

 Argumentario para un Debate.

 

 Ponente: Plataforma pola Sanidade Pública

 Día: Martes 23 de Marzo. 

Hora: 20´00 horas.

 

Lugar: Centro Cultural da Asociación Veciñal de Navia

  

                                                  Organiza: Asociación Veciñal de Navia

Imprimir

COMO CAMBIAN AS COUSAS

el . Publicado en Sanidade

Pois si como cambian as cousan . Lembrmos como non fai moito, tivemos que movilizarnos para non quedar sen farmacia e agora, proximamente no numero 42 da rua As  Teixugueiras,aplicando a lei dos 250 mts abriran a que sera cuarta farmacia da parroquia. En fin,ver para crer

Calendario de Eventos

Agosto 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365