Imprimir

CONTRATACION DO PROXECTO CONSTRUCTIVO DO CENTRO DE SAUDE DE NAVAI

el . Publicado en Sanidade

O novo centro de saúde de Navia xa está en marcha. Onte publicouse no DOGA o anuncio para a contratación do proxecto constructivo, que deberá estar listo en tres meses. Albergará 17 consultas de medicina xeral e 14 de enfermería. E contará cun área específica de pediatría, con 3 consultas médicas e outras 3 de enfermería.

A nova infraestructura terá uns servizos similares aos do ambulatorio da rúa Rosalía de Castro, o máis recente da cidade. Dado que se situará nun barrio novo, o novo ambulatorio prestará especial atención ás futuras nais. Para elas haberá un área de atención obstétrica, con consulta de matrona e sala de preparación maternal.

A dotación deste centro de saúde completarase cunha consulta odontolóxica e unha hixienista dental, un asistente social e unha sala de ciruxía menor. O Sergas estima que nesta parroquia vivirán preto de 30.000 persoas.