Imprimir

A Xunta abrirá o luns o centro de saúde de Navia

el . Publicado en Sanidade

Segun se  nos informoun na reunion que tivemos coa  Delegada da Xunta de Galicia Mº Xose Bravo Boch o centro de saúde de Navia, o máis novo de Galicia, empezará a funcionar o vindeiro luns.

A infraestrutura sanitaria situada na zona de expansión da cidade está preparada para atender a 45.000 persoas, segundo os plans iniciais do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Pero esa é a súa capacidade máxima. De entrada non a cubrirá porque a Xerencia de Atención Primaria, o organismo responsable do centro, non o dotará dos médicos suficientes.

O ambulatorio sufriu un recorte tras pasar os trámites urbanísticos do Concello. Un problema coas paredes do centro, que non se adecuaban á normativa, obrigou a reducir de 17 a 14 as consultas previstas. Ademais, a crise impide ao Sergas completar a súa dotación.

Do edificio beneficiarase, sobre todo, o centro de saúde de Coia. Trátase un dos máis saturados de Vigo e a idea é que no futuro algúns pacientes que agora acoden a Coia acaben cun médico de cabeceira ou pediatra en Navia. Pero chega con polo menos catro anos de atraso sobre o previsto inicialmente.

De momento, viña funcionando no centro de especialidades de Coia (o da rúa Marín) unha unidade pre-Navia, na que atendían os médicos que agora se incorporarán ao novo centro de saúde.