The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

NAVIA TENDRA UN AMBULATORIO DUNHA PLANTA E DESEÑO VANGUARDISTA

el . Publicado en Sanidade

Custará 3,16 millóns de euros, o dobre do que adoita investirse en cada centro de saúde.

O centro de saúde de Navia estará en condicións de abrir as súas portas a finais do ano 2008. Así o asegurou a conselleira de Sanidade, María José Louro, que ante o anaco de campo sen rozar no que se alzará o centro de saúde presentou onte o deseño dun edificio de vangarda, chamado a converterse nun dos ambulatorios máis modernos e mellor equipados de Galicia.

Imprimir

CONTRATACION DO PROXECTO CONSTRUCTIVO DO CENTRO DE SAUDE DE NAVAI

el . Publicado en Sanidade

O novo centro de saúde de Navia xa está en marcha. Onte publicouse no DOGA o anuncio para a contratación do proxecto constructivo, que deberá estar listo en tres meses. Albergará 17 consultas de medicina xeral e 14 de enfermería. E contará cun área específica de pediatría, con 3 consultas médicas e outras 3 de enfermería.

A nova infraestructura terá uns servizos similares aos do ambulatorio da rúa Rosalía de Castro, o máis recente da cidade. Dado que se situará nun barrio novo, o novo ambulatorio prestará especial atención ás futuras nais. Para elas haberá un área de atención obstétrica, con consulta de matrona e sala de preparación maternal.

A dotación deste centro de saúde completarase cunha consulta odontolóxica e unha hixienista dental, un asistente social e unha sala de ciruxía menor. O Sergas estima que nesta parroquia vivirán preto de 30.000 persoas.

Imprimir

PECHADO O PROXECTO PARA CONSTRUIR UN CENTRO DE SAÚDE EN NAVIA

el . Publicado en Sanidade

O Concello de Vigo e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) chegaron a un acordo para a creación de seis novos centros de saúde nos próximos catro anos. Dous deles son os de Navia e Bouzas, de construción inminente. A eles sumaranse a continuación outros en A Seara, Balaídos, Gran Vía e Aragón.

A alcaldesa de Vigo reuniuse o pasado luns cos responsables de Atención Primaria e do Sergas na provincia, xunto con técnicos municipais, entre eles o xerente de Urbanismo, Javier Rivas. Na entrevista definiuse a planificación para a extensión de novos centros de saúde en Vigo, unha cidade con 312.000 cartillas sanitarias cuxa atención primaria considérase deficiente.

En todos os casos se seguiráun modelo polo cal lle corresponde ao Concello pór a disposición do Sergas o chan ou o inmoble necesario para crear a dotación sanitaria. No caso de Navia, trátase dunha parcela dotacional, mentres que en Bouzas estase a punto de pechar a adquisición dun edificio do contorno da Alameda.

Fronte a estes dous centros de saúde, relativamente inminentes, outros catro están pendentes de operacións urbanísticas; en máis dun caso, a aprobación definitiva do novo Proxecto Xeral de Ordenación Municipal. A oferta do chan ao Sergas calcúlase que se producirá nun período duns dous anos, polo que poderían inaugurarse nun prazo de catro.

Imprimir

NOVIDADES SOBRE AS FARMACIAS DE NAVIA

el . Publicado en Sanidade

Logotipo farmaciaEste luns 2 de xaneiro abríu ás suas portas a oficina de Farmacia situada na rúa Teixugueiras, na nova urbanización de Navia, malchamada coma PAU. A nova oficina foi trasladada dende oseu emplazamento orixinal na rúa Montero Ríos. Ainda que situada xeográficamente no límite coa parroquia de Comesaña, prestará servicio aos veciños de Navia namentres non se inaugure a oficina de Farmacia provisional. O horario de atención ao público é de 9.30-13.30 polas mañás e de 16.30-20.00 polas tardes.

Calendario de Eventos

Agosto 2020
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365