Imprimir

APROBADO O INICIO DAS OBRAS DE REPARACION DO PAU NAVIA

el . Publicado en Urbanismo

O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura dun convenio con Xestur-Pontevedra para a realización das obras de reparación da urbanización da 1º e 2º fases do polígono de vivendas do P.A.U. Navia por un importe de 282.677 euros.

As obras realizaranse en dúas fases. Unha primeira fase de inminente execución inclúe un estudio hidroxeolóxico, inspección e limpeza de tubarias pluviais, a conexión de fecais na parcela P-XIII, así como a reparación dun socavón na rúa 2º e a realización dun camiño peatonal de acceso ao colexio. O orzamento para estas actuacións ascende a 97.827 euros.

A segunda fase comprende a limpeza de tubarias de toda a urbanización, revisión, limpeza e reparación de galerías, o cambio de emprazamento dun transformador e a reparación doutro por deterioro, así como a limpeza e mantemento da urbanización. Neste caso o orzamento ascende a 159.152 euros e as obras realizaranse a curto prazo.

Estas obras de reparación na urbanización do P.A.U. Navia son necesarias dados os desperfectos detectados despois de que as empresas construtoras das vivendas entregaron as obras, pero está pendente a execución da reparación integral da rede de saneamento da urbanización por un importe de 1,3 millóns de euros, cuxas obras se contratarán en menos de dous meses.