Imprimir

CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA PARA MULLERES

el . Publicado en Actividades 2018-2019

Xa temos na Asociación os cursos do programa 'Ti es a protagonista' impulsados pola Concellaría de Igualdadade. Neste primeiro cuatrimestre impartirase unha actividade formativa moi demandada pola xente de Navia: Iniciación á Informática. A preinscrición remata o próximo 10 de outubro; posteriormente, e dado que é previsíbel que se produza unha grande demanda, realizarase un proceso de selección atendendo aos criterios estabelecidos pola Concellaría. Trataremos de organizar máis cursos con estes mesmos contidos para a xente que non acade praza e no que poidan participar todas as persoas que o desexen.

Para máis información poñédevos en contacto coa secretaría da Asociación en horario de 17.00 a 21.00