Avellentamento activo - Danzas do mundo
A vellez non é unha cuestión de idade, empeza cando un se queda sen proxectos e sen ilusións
"AVENTELLAMENTO ACTIVO" ano 2013 DANZAS DO MUNDO na Asociación Veciñal "Emilio Crespo" de Navia
DANZAS DO MUNDO. A danza é unha disciplina terapéutica que utiliza o son, a música, o corpo e todo modo de expresión co fin de mellorar a calidade de vida a través do exercicio, do baile, da coordinación, divertíndose na mellor compañía.
¿Quén pode participar no taller?
- Empadroadas no Concello de Vigo
- Persoas con 65 anos ou máis
- Con AUTONOMÍA TOTAL para realizar o taller solicitado
- O taller vai dirixido a calquera persoa empadroada no Concello (independentemente de que sexan socios ou non do centro onde se imparte o taller)
¿Onde se pode solicitar o taller?
Os interesados presentarán na Asociación Veciñal ou no rexistro xeral do Concello:
- Solicitude de participación
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia compulsada, positiva ou negativa, correspondente ao último período impositivo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (se asina a autorización, esta información solicitarase directamente polo Concello á Axencia Tributaria).
Duración, días e horario do taller:
- Día e horario: Os xoves, dende as 18.00h ata as 19.00h da tarde
- Data de inicio: dende febreiro / mazo ata 11 de xuño de 2013
e dende 17 de septembro ata o 10 de Decembro de 2013.
Dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro, ámbolos dous incluídos, o taller quedará en suspenso por vacacións.
ANOTARSE NA OFICINA DA ASOCIACIÓN EN HORARIO DE 17.00 a 21.00h. DE LUNS A VENRES
Subvencionado polo Departamento de Política de Benestar do Concello de Vigo (986 810 351)