EXEITAMENTE DA ACTITUDE DO ALADE DE VIGO HACIA A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE NAVIA “EMILIO CRESPO”.
Dende a Asociación Veciñal de Navia “Emilio Crespo” queremos expresar o noso rexeitamento á actitude do alcalde de Vigo cara a esta organización, que parece non ser do seu gusto por algún motivo que debería explicar, e que o levou a impulsar, mediante persoas próximas a el, a creación dunha nova asociación veciñal afín á súa figura, e que parece que ten por único obxectivo o non ser crítica coa súa xestión no barrio.
Semella que o único interlocutor válido vai ser a nova asociación, cando as nosas solicitudes e reivindicacións de moito tempo atrás, especialmente as referidas ás Teixugueiras, están sendo totalmente ignoradas por unha especie de castigo que non acabamos de comprender pero si intuímos. O alcalde ten enriba da súa mesa, dende fai bastante tempo, unha relación de demandas e de propostas de mellora que está omitindo completamente; así mesmo, son moitos os escritos presentados solicitando actuacións puntuais relativas a limpeza, arranxos, reposicións, etc., que non obteñen resposta e parece deberse a que hai algo ou alguén que non lle gusta ou simplemente a súa actitude responde a que non lle dicimos “amén” a todo, que é o que pretende coa nova asociación.