Imprimir

REUNION COA XUNTA

el . Publicado en Xestións

Ante todo pedir desculpas polo atraso da información pero o día non dá para máis.
O pasado día 26 de outubro (xusto logo da manifestación e dígoo polos que non cren nas mobilizacións) tivemos unha reunión coa Delegada da Xunta Lucia Molares.
Coméntanos que, curiosamente estiveron tratando de localizar ao Presidente desde o día 22 pero foi imposible, estaba en paradoiro descoñecido, en fin .......
Durante a reunión tratáronse diversos temas que resumimos:
Tema do colexio: toma nota das deficiencias, comenta que para este curso non hai nada que facer pero que se lle dará prioridade para o curso que vén.
Tema do parque: as obras están desbloqueadas e no seu parte superior estarán rematas en catro meses de feito a día de hoxe xa se esta traballando coa limpeza da maleza e se de primeira man que o eléctrico ten 15 días para finalizar a instalación da parte superior.
Tema dos espazos entre edificios: coméntaselle o proxecto de carril bici e pantallas acústicas que había e que desapareceu e do que non tenia coñecemento, comenta que como se esta elaborando outro proxecto para o famoso carril que falase cos técnicos para retomar o tema.
Tema das fases pendentes de desenvolver: comenta que é prioritario para a Xunta aclarar este problema dunha vez (advírteselle que as comunicacións da parroquia depende moito de que isto se desbloquee) e di que se destinaron partidas orzamentarias para este tema.
Despois falar de temas menores  comprométese a partir de agora a ter un dialogo mais fluído e constante para comentar os problemas e tratar de solucionalos entre todos
Polo noso lado estaremos pendentes pero daremos unha marxe de confianza (serán eses catro meses de prazo) para ver coma discorren as cousas