The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

REUNION PRESIDENTES

el . Publicado en Xestións

O pasado día 30 de abril tivo lugar na Asociación Veciñal de Navia unha xuntanza con presidentes e/ou representantes dalgunhas das comunidades de propietarios dos edificios do barrio das Teixugueiras.

En primeiro lugar informouse sobre o estado das moitas demandas, reivindicacións e escritos que esta asociación, en concreto a Vogalía de Teixuguieras, ten elaborado: seguranza peonil, transporte público, limpeza, control de danos causados polas obras, etc.

 

Por outra banda, e no que constituíu o obxecto fundamental desta xuntanza, expuxéronse os proxectos do parque e dalgunhas zonas verdes, tal como nos transmitíu a Consellería de Vivenda e Solo e que pasamos a expoñer.

A Consellería de Vivenda, o Concello de Vigo e Xestur crearon un consello para As Teixugueiras que se xunta con certa periodicidade; este consello adoptou un acordo para a zona verde perimetral que percorre o barrio, en paralelo á circunvalación e Ricardo Mella, e que ten pactado crear zonas axardinadas cun carril-bici, que enlace co proxectado por Política Territorial entre Vigo e Baiona. Dito acordo inclúe especies arbóreas e vexetais xa concretadas, así como a creación dun novo parque infantil e canchas para xogos a carón do edificio

promovido pola Consellería de Vivenda e Solo, e outros parques infantís a carón dos números 8 e 10 de Teixuguieras e do edificio de UGT.

· por todo isto polo que se recomenda non facer uso privativo dos espazos que circundan os edificios xa que, a maiores dos proxectoss comentado, pouco a pouco iranse coñecendo outros novos; ademais, non hai que esquecer que a nosa asociación leva traballando e supervisando todo o que acontece no PAU dende vai 15 anos, xa que a veciñanza de Navia que foi expropiada viuse na obriga de ceder gratuitamente o 48% do solo expropiado para dotar á parroquia de equipamentos dos que se carecían, tanto para disfrute dos novos veciños, como dos que xa habitaban aquí; de aí que consideramos de xustiza que non se faga uso privado destes terreos.

Canto ao parque, as obras van a bo ritmo, pero acumulan un pequeno retraso como consecuencia das choivas. Finalmente a praza pública proxectada irá valeira, pero orientada ao uso veciñal e comunitario; dende a asociación suxeriremos que se lle dea un tratamento que implique a presenza de vexetación e dalgún mobiliario urbano.

Comentouse tamén a necesidade de utilizar a denuncia de xeito particular ante os problemas que xorden no barrio, pois aínda que como asociación denunciamos e protestamos, a denuncia constitúe un medio más rápido de actuación, así como un reforzo ás nosas demandas.

Calendario de Eventos

Agosto 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365