The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

DENUNCIAMOS Ó CONCELLO

el . Publicado en Xestións

 

 

Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

DIRECCIÓN XERAL DE SAUDE PÚBLICA

DIRECTOR XERAL

 

D. Francisco Piñeiro Lorenzo, en calidade de presidente da Asociación de veciños de Navia ante esa consellería comparece e como mellor proceda,

En relación co barrio novo de S. Paio de Navia e ante o funcionamento e a pasividade da concellería de limpeza parques e xardíns do concello de VIGO, obríganos a DENUNCIAR ANTE ESA CONSELLERÍA, por entender que a situación que a continuación se citan, incumpren a normativa mínima de convivencia nunhas condicións mínimas de salubridade con un risco importante para os cidadáns:

 

FEITOS

PRIMEIRO

Que a asociación de veciños de Navia ten entre unha das súas funcións a de representar, reclamar e denunciar as situacións anómalas que teñen que aturar e sufrir os cidadáns que viven e traballan nesta parroquia

 

SEGUNDO

Que esta asociación de veciños ten solicitadas en máis dunha ocasión ó Concello de Vigo tanto de forma oral e escrita tal e como figura nos escritos rexistrados os días... (Documento 1 e 2) para solventar os problemas de limpeza e salubridade no novo barrio de Navia, sen ter contestación nin actuacións ata o día de hoxe.

 

TERCEIRO

A día de hoxe temos cada vez máis puntos onde se está a acumular lixo de forma descontrolada, zonas onde a maleza está cubrindo as beirarrúas, zonas onde os donos dos cans deixan os excrementos dos animais sen recoller co grave problema de cheiros salubridade e parásitos que eso acarrea e zonas propiedade do concello que non limpa nin deixa limpar (e menos adecentar) co acumulo de maleza producindo o lugar propicio para a propagación das diversas colonias de roedores entre eles as ratas.

 

Por todo elo

 

SOLICITAMOS

 

Que tendo por presentado este escrito, xunto cos documentos que se acompañan, sírvase admitilo e, en viutude do manifestado, teña por formulada DENUNCIA por incumprimento das obrigacións dos rresponsables do concello de VIGO ós seus administrados en canto as obrigacións para a vida nunhas condicións mínimas hixiénicas, de salubridade e de dignidade e ordene a súa consellería que efectúe a investigación correspondente sobre os feitos relatados e se aprecia incumprimentos por parte do concello de VIGO, ordénese a subsunción dos referidos incumprimentos, así como no seu caso aplique a Lei de infraccións que corresponda.

 

Atentamente,

Vigo a 26 de Setembro de 2008.

 

 

Asdo: Francisco Piñeiro Lorenzo

Calendario de Eventos

Septiembre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365