The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

CARTA AO ALCALDE COAS DEMANDAS DE TEIXUGUEIRAS

el . Publicado en Xestións

A día 26 de xullo presentouse no rexistro do Concello de Vigo unha carta coas deficiencias e demandas do barrio das Teixuguieras, e que expoñemos deseguido. En caso de quererdes facer algunha aportación, a Vogalía das Teixugueiras seguirá xuntándose semanalmente tras o mes de agosto, sendo receptiva a calquera demanda, suxerencia, así como á colaboración de todas as persoas que estean interesadas.

Navia, 26 de xullo de 2007



Excmo. Sr. Don Abel Caballero

Alcalde de Vigo

 

Estimado Señor Caballero:

Dende a Asociación Veciñal de Navia poñémonos en contacto con vostede co fin de explicar a situación crítica pola que está a pasar o novo barrio das Teixugueiras, así como demandar de forma urxente a solución aos problemas que imos expoñer, non sen antes lembrarlle que no pasado mes de febreiro foi aprobada por unanimidade en sesión plenaria, unha moción en relación a estas carencias pero, polo de agora, non foi levada a cabo.

Queremos indicarlle, antes de pasar á exposición, que se estima que xa están a vivir nas Teixugueiras aproximadamente 4.000 persoas, que en moi curto prazo de tempo serán entregadas as vivendas pertencentes a tres novas promocións, que se están construíndo edificios que serán rematados en 2008 e 2009, e que se está comezando o proceso de urbanización de novas fases, polo que a chegada de xente está sendo continuada, incrementándose a poboación día a día, pero non os servizos mínimos precisos para levar unha vida mínimamente digna no que cremos é o barrio máis novo demográficamente falando, e cun nivel de natalidade salientable: son moitos os nenos e nenas que xa naceron nas Teixugueiras.

Explicados estes antecedentes, consideramos necesario e urxente poñer solución aos graves problemas derivados do abandono da zona, e que pasamos a enumerar:

  • LIMPEZA: O barrio está en situación lamentable e de abandono no que a limpeza se refire: beirarrúas sucias, papeleiras rebosantes, colectores de lixo que non se baldean e producen malos cheiros, restos de todo tipo en zonas polas que transita a xente, vexetación desbordante, manchas de aceite (o PAU é utilizado como espazo para limpar coches, almacenar camións e maquinaria, o pintado de farolas, etc), etc.

  • PRAGAS: Aparición de ratas en zonas moi próximas a edificios habitados, pragas de insectos e pulgas.

  • MOBILIARIO URBANO: Escaseza de mobiliario urbano.

  • SEGURIDADE VIAL: O barrio das Teixugueiras convertiuse nun espazo que algunha xente utiliza para poñer en práctica actitudes temerarias na conducción, como coller rotondas a grande velocidade, práctica de derrapes, prácticas perigosas con ciclomotores, etc. A isto hai que sumarlle a falta de respecto polos escasos e inseguros pasos peonís por parte da xente que realiza ditas prácticas, así como por moitos vehículos de obras e vehículos privados que, ante o que consideran un lugar libre de normas, dado o estado de abandono no que se atopa o barrio, optan por facer as manobras que máis lle conveñen, como saltar medianas, conducir a velocidade excesiva, cambios de sentido e dirección inadecuados, etc., poñendo en perigo a seguridade pública. Consideramos que o abandono que perciben dentro do barrio é o que retroalimenta estas actitudes.

  • ROTONDAS E ISLETAS: As rotondas e isletas interiores son auténticos depósitos de lixo e de maleza, ao igual que as rotondas, isletas e interseccións que rodean o barrio e que lle dan acceso; ademáis, é preciso ter en conta que estas vías externas que nos rodean son moi utilizadas polos turistas para achegarse ás praias e ao Val Miñor dende Vigo, polo que consideramos que a imaxe da cidade que se está a dar é lamentable. Algúns veciños e veciñas comezamos a sentir vergoña da parte de Vigo na que vivimos.

Por todo isto demandamos con carácter urxente:

  • Mellora na limpeza, recollida de lixo, baldeo de colectores, control de actividades inadecuadas (limpeza e arranxo de vehículos, pintado de farolas,...) e desbroce da maleza.

  • Desratización, control de pragas e doutros animais que campan polo PAU libremente, como cabalos e cans asilvestrados.

  • Colocación de mobiliario urbano. (quedamos á súa disposición para indicarlle os elementos que son necesarios).

  • Vixilancia policial orientada á seguridade viaria, mellora da sinalización, medidas para controlar a velocidade, mellora de medianas de forma que se impidan ou dificulten as manobras temerarias, mellora de pasos peonís, tanto os internos como os externos de acceso/saída ao/do PAU mediante a busca dos mecanismos máis axeitados (ben elevación de ditos pasos, ben semáforos, etc).

  • Adecentamento de rotondas e isletas internas e externas mediante limpeza e acondicionamento vexetal, ornamental e estético.

Quedamos á súa disposición para colaborar no que sexa preciso, co fin de corrixir a situación descrita.

Reciba un cordial saúdo.

 

 

Asdo.: Francisco Piñeiro Lorenzo

Presidente da Asociación Veciñal de Navia

Calendario de Eventos

Octubre 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365