The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

NOTA DE PRENSA

el . Publicado en Xestións

EXEITAMENTE DA ACTITUDE DO ALADE DE VIGO HACIA A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE NAVIA “EMILIO CRESPO”.

Dende a Asociación Veciñal de Navia “Emilio Crespo” queremos expresar o noso rexeitamento á actitude do alcalde de Vigo cara a esta organización, que parece non ser do seu gusto por algún motivo que debería explicar, e que o levou a impulsar, mediante persoas próximas a el, a creación dunha nova asociación veciñal afín á súa figura, e que parece que ten por único obxectivo o non ser crítica coa súa xestión no barrio.

Semella que o único interlocutor válido vai ser a nova asociación, cando as nosas solicitudes e reivindicacións de moito tempo atrás, especialmente as referidas ás Teixugueiras, están sendo totalmente ignoradas por unha especie de castigo que non acabamos de comprender pero si intuímos. O alcalde ten enriba da súa mesa, dende fai bastante tempo, unha relación de demandas e de propostas de mellora que está omitindo completamente; así mesmo, son moitos os escritos presentados solicitando actuacións puntuais relativas a limpeza, arranxos, reposicións, etc., que non obteñen resposta e parece deberse a que hai algo ou alguén que non lle gusta ou simplemente a súa actitude responde a que non lle dicimos “amén” a todo, que é o que pretende coa nova asociación.

 

O alcalde debe ter en conta que os socios da nosa Asociación Veciñal, creada na década dos 70, elixiron unha directiva plural e diversa, composta por homes e mulleres de distinta procedencia no referido a ideas políticas e experiencias vitais, polo que ten que quedarlle claro que o noso fin último non é opoñernos á súa política por decreto, xa que non habería consenso entre os membros da directiva, senón traballar única e exclusivamente por Navia, independentemente das cores políticas que estean nas Administracións. Se ten algunha cuestión persoal con algún membro desta directiva, como político e seguramente bo coñecedor do funcionamento das institucións democráticas a asemblearias, debería ser quen de estar por enriba de cuestións persoais.

 

Navia, 16 de maio de 2012

 

 

Asdo.: Camilo Alonso Costas

Presidente da A.V. de Navia “Emilio Crespo”

 

 

Calendario de Eventos

Julio 2018
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365