REUNION CON CALVIÑO
O pasado mercores 11 de Marzo reuniuse o presidente e un membro da xunta directiva da AAVV de Navia co Sr. Calviño para reiterarlle varias demandas xa plantexadas con antelación.
O primeiro que nos di o Sr Concelleiro de movilidade, transporte e seguridade é o seu malestar polas duas últimas cartas que lle enviamos (unha facia referencia a negativa da asociación vecinal á ampliación do XER na nosa parroquia e outra o pouco que se fixera por esa concelleria no noso barrio).