The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

Guillermo A. Monroy

el . Publicado en Noticias

O pasado luns 24 de outubro, a nai do Pintor nacido en Navia Guillermo Alonso Monroy, dooulle á Asociación Veciñal un cadro do seu fillo, para que luza solemne e entrañablemente na Sala de Xuntas.

Dáse a circunstancia que a inquietude do que fora co-fundador do movemento “Atlántica” e un dos artistas vigueses de maior proxección, truncada por un fatal accidente que prematuramente lle arrebatou a vida, tamén o levara a converterse nun dos directivos mais dinamizadores da nosa Asociación no seu tempo, e que agora reforzará a súa lembranza e patrimonio, emulando aos museos e institucións que contan nas súas coleccións con obras deste cotizado pintor.

Seguro que a través de algunha das súas coloristas e famosas ventás entreabertas, o noso veciño Guillermo aplaudirá a xenerosidade da súa nai, Dna. Flora Cándida.

Un xesto do que todos debemos de sentirnos agradecidos, empezando pola Xunta Directiva a través desta páxina.

 



Guillermo Alonso Monroy. Pintor. (Navia 1954- Vigo 1982).

 

En Vigo, un grupo artistas plásticos sedentos de modernización propiciaron, a finais dos anos 70, coa chegada da democracia, o movemento artístico “Atlántica”, unha iniciativa na que tiveron cabida os máis diferentes estilos e linguaxes plásticos renovadores. Guillermo Alonso Monroy, alma mater xunto con Anxel Huete, Antón Patiño e Menchu Lamas, foi, quizás, naquel momento e ata a súa prematura morte en accidente aos 28 anos de idade, o máis adiantado, o que máis rapidamente asumía a modernidade, no seu caso cunha linguaxe entre o expresionismo aprendido en Nueva York e o fauvismo de orixe matissiano. Viviu a súa xuventude entre os círculos artísticos que xerminaban en Vigo a finais da década dos 70. En palabras de Coté Ruiz Vázquez, “Guillermo viviría ata o extremo o que se empezaba a configurar no Vigo de entón como un aspecto fundamental da cultura e que logo viuse abaixo cando lle chamaron “movida”: aquilo que naceu da non oficialidade, dos bares, os cafés, os núcleos de amigos que era onde xurdían as accións mais importantes e transcendentes”. Aínda que xa dende 1974 participaba con regularidade en exposicións colectivas, é no ano 1978, o mesmo que remata a carreira de Económicas, cando realiza as súas primeiras exposicións individuais en Vigo, Santiago e A Coruña. A partir de entón seguirán outras moitas, antes e despois da súa marcha. Aquela efervescencia creativa que brotou espontaneamente coa chegada da democracia terminou en algúns casos materializándose en forma de movementos máis ou menos sólidos o duradeiros. En Vigo, os artistas plásticos máis sedentos de modernización propiciaron o citado movemento Atlántica, no que tiveron cabida os máis diferentes estilos e linguaxes de renovación. Guillermo Monroy viaxa para coñecer a arrebatadora pintura que hai en Nueva York, -xa antes estivera en París-, empapándose das modernas manifestacións artísticas e as novas formas de concibir o arte. Comprometido coa cultura e coa súa terra, a pintura de Monroy alimentase de Matisse, do expresionismo americano, do europeo, dos elementos que lle rodean, do popular. Na súa obra conviven temas tradicionais coma a paisaxe ou el bodegón, cunha execución dinámica e enérxica que tamén lle fai herdeiro do expresionismo de Emil Nolde. As súas obras son pura tensión, a perfecta fusión da orde-desorde, figuración-abstracción, reflexión-imaxinación. Pero sobre todo, a pintura de Monroy é cor.

Monroy toma como referencia o que ten diante, proxecta mentalmente a imaxe no lenzo, cosido en algunhas zonas con toscas cordas nun guiño ao arte póvera, e a partir de aí comeza o proceso de esquematización. Nun camiño cara á abstracción vai dando forma ás ideas e ás cousas. A ventá é un dos temas máis recorrentes de Monroy. Un pretexto para compoñer un espazo lexible no que dar renda solta á pintura como xesto, ao pracer das colores, aquí suavizados pola delicadeza da paisaxe que se intúe trala ventá. Así describía esas paisaxes o escritor Román Pereiro no catálogo da exposición antolóxica celebrada en 1993 na Casa das Artes de Vigo: “Sempre foron felices os estímulos que lle chegaban pola ventá aberta ao val. ¡A súa ventá!... tantas veces idealizada en filtracións de luz entre contraventás e visillos nebulosos... ou pechada en sensuais reflexos verdes e amarelos. Dende aquel marco de luz poñía a “vista en movemento”, como el mesmo dicía, para deixarse namorar pola paisaxe, para pintalo coa pureza dun adolescente. Era a de Monroy unha visión panteísta da paisaxe. Trataba de depurar todo nas súas abstraccións e de darlles as cores da pureza dos campos receen lavados pola choiva. Unhas veces domina a suxestión dunha mancha e so se pode intuír unha parcela labrada en ocres entre expresivos espazos brancos matizados en azul e violeta”.

A súa repentina morte truncou unha das carreiras máis prometedoras da pintura galega de principios dos oitenta.

En xuño de 1993, un dos seus amigos e tamén veciño desta parroquia, escribía un artigo na publicación desta Asociación Veciñal: “Navia. Crónicas nun lugar da costa oeste” , e que reproducimos a continuación.

 

Guillermo A. Monroy: La pintura, el amor, la vida y Navia.

 

Once años han pasado desde que un simple giro del destino, una noche se hubiera llevado la presencia física de Guillermo Alonso Monroy de nuestro lado. Sin embargo, a pesar del tiempo transcurrido, sigue estando de actualidad de forma casi permanente, debido a su trabajo pictórico. Recientemente, del 9 de febrero al 4 de marzo, se realizó en Vigo una exposición antológica, lo que constituyó una oportunidad para constatar la poderosa vigencia de su pintura, transmitiendo lo que se denominaba “la lucidez de pertenecer a siempre”.

Para los que tuvimos la fortuna de contarnos entre sus amigos y participar de sus inquietudes, es evidente que por encima de cualquier otra consideración, en sus cuadros está todo su entorno, estamos todos nosotros, y con referencias muy claras en las que se encuentra una visión del mundo desde San Paio de Navia, y aprovechando la riqueza que aporta a la personalidad del individuo, el tener muy claro dónde uno está enraizado, y utilizando esto como camino para la comprensión de lo universal.

Ahí están en la documentación que ha sobrevivido: las fotografías y cuadros que nos hablan de ello; la ventana sobre el paisaje parroquial; sus dibujos y pinturas de hórreos; paisajes del mar y las Cíes. … “La playa de Samil fue su última obra. La dejó aún fresca en el caballete como prueba de amor y de su diálogo confidencial con el paisaje de la Ría de Vigo”… (Román Pereira Alonso).

Y todos nosotros, porque acompañarlo cuando pintaba, le hacía sentir a uno partícipe del trabajo que estaba efectuando, sobre el que pedía opinión a quien estuviera cerca de él, o conversaba mientras pintaba, inquiriendo en el interior de uno con la idea clara de que todos los que le rodeaban podían aportarle algo de lo mejor de si mismo para hacerlo línea y color.

… “Significaba. Universalizaba. Porque él sabía que nada es indiferente”… (Alfonso Pexegueiro).

Ahí quedó su participación con el mundo de la gente de la propia parroquia, testimoniada en su participación en las actividades lúdicas como torneos de fútbol sala, etc., o su intento de aportar lo mejor de sí mismo y de algunos de sus amigos como la elaboración de la revista Navia.

Su establecimiento en la comunidad originó que su casa/estudio se convirtiese en el centro de tertulias y de intercambio de ideas, a las que acudían todas las personas que en aquel tiempo tenían algo que aportar a la regeneración cultural de la que tan necesitada estaba nuestra ciudad, y convirtió a San Pelayo en lugar obligado de peregrinaje. No olvidemos que su aportación fue clave para el nacimiento de “Atlántica”, movimiento que se convirtió en referencia dentro del panorama de las Artes en nuestra región. Ahí están los nombres de pintores como Lamazares, Patiño, Huete, Lamas, Priego, etc., nombres hoy reconocidos en la plástica gallega.

Y ahí han quedado también las opiniones de los críticos: “Por primera vez en su historia artística la Galicia de los años ochenta logró asimilarse a los ritmos marcados por la Europa que renacía desde posiciones tradicionales para responder ante crisis precedentes”. (X. Antón Castro).

“Guillermo Monroy era como el ojo y los sentidos que nos devuelven la realidad en un fluir ininterrumpido –a veces sólo con un pequeño guiño- desde las viejas armas de la pintura”. (Mª Luisa Sobrino Manzanares).

He tratado de ser lo más objetivo posible al referirme a Guillermo, ya que para mí, como para otros de sus amigos, como Andrés, Manolo (pincho) o Miguel Abellán, pesa mucho más nuestra amistad desde la infancia y su humanidad trasciende de la del pintor con mas o menos reconocimiento, ya que ambos compartimos el inconformismo, que nos llevó a traspasar la puerta de la curiosidad, para tratar de avanzar en el más profundo del conocimiento de los interiores, donde a salvo de las miserias humanas, poder encontrar el sitio que nos corresponde individualmente y como parte de la aventura humana. La transición del invierno a la primavera de 1982, siempre la recordaré como una fecha por encima de todo en la que he sido consciente de la letra de una canción referida a la pérdida de un amigo cuyo vacío no puede llenar la llegada de otro amigo, ya que los momentos de intimidad compartida, siempre, siempre, son irrepetibles.

 

Fernando Costas Goberna.

 

Calendario de Eventos

Junio 2019
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365