O pasado luns 24 de outubro, a nai do Pintor nacido en Navia Guillermo Alonso Monroy, dooulle á Asociación Veciñal un cadro do seu fillo, para que luza solemne e entrañablemente na Sala de Xuntas.
Dáse a circunstancia que a inquietude do que fora co-fundador do movemento “Atlántica” e un dos artistas vigueses de maior proxección, truncada por un fatal accidente que prematuramente lle arrebatou a vida, tamén o levara a converterse nun dos directivos mais dinamizadores da nosa Asociación no seu tempo, e que agora reforzará a súa lembranza e patrimonio, emulando aos museos e institucións que contan nas súas coleccións con obras deste cotizado pintor.
Seguro que a través de algunha das súas coloristas e famosas ventás entreabertas, o noso veciño Guillermo aplaudirá a xenerosidade da súa nai, Dna. Flora Cándida.
Un xesto do que todos debemos de sentirnos agradecidos, empezando pola Xunta Directiva a través desta páxina.