The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

Áreas de Traballo

flecha verde Vogalía de Urbanismo.

Proporcionar información sobre planeamentos urbanísticos, interpretación e aplicación do Plan Xeral de Ordenación Urbana na parroquia, asesoramento e vixilancia sobre os intereses comúns dos veciños de Navia son as principais liñas de traballo desta vogalía.

flecha verde Vogalía de Cultura e Actividades.

Os veciños de Navia é a razón de existir desta asociación. Promocionar unha calidade de vida digna é para nós primordial, polo que desde esta área dinamizamos o barrio a través de diversas actividade, promovemos a formación cultural, o coñecemento e o sentir das nosa raíces e recuperamos festas e tradicións (Festa do Samaín, Magosto, baile, cine, gaita e percusión ...)

flecha verde Vogalía da Muller.

O traballo pola promoción da muller, pola igualdade de xénero e a loita en contra da violencia doméstica é unha das liñas de traballo desta vogalía, xunto coa promoción integral da muller a través de cursos, obradoiros e debates.

flecha verde Vogalía de Transporte e Tránsito.

O traballo pola mellora do transporte público, a loita pola mellora da seguridade viaria e a garantía do cumprimento dos servizos básicos na parroquia son as liñas básicas nas que traballa esta vogalía.

flecha verde Vogalia de Teixugueiras.

Comisión de traballo do P.A.U. Navia coa finalidade de tratar e abordar tódolos asuntos que neste novo barrio da parroquia se produzan. A comisión a integran membros da Xunta Directiva e veciños residentes no P.A.U. Navia.

Online bookmaker Romenia bet365