The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

Obxetivos de Asociación

As entidades veciñais están en continua evolución e agora camiñan cara a unha nova forma de entender a participación da cidadanía no desenvolvemento da cidade.

flecha verde Facer barrio

  • Crear conciencia de barrio.
  • Facilitar o encontro e a comunicación entre a veciñanza.
  • Potenciar a colaboración entre os colectivos do barrio.

flecha verde Mellora da calidade de vida

  • Aproveitar ó máximo os espacios e infrastruturas para os veciños e tentar que as dotacións que poden axudarnos neste obxectivo aumenten.

flecha verde Participación veciñal

  • Conseguir que os veciños do barrio participen. Motivar a actividade asociacionista.
  • Tramitar xestións administrativas.
  • Asesorar a veciñanza en trámites (comunidades de propiedade horizontal, subvencións, reclamacións, solicitudes ”¦)

flecha verde Traballar o local para mellorar o global

  • Canalizar as relacións do barrio co concello.
  • Organizar e realizar actividades para o barrio.
  • Dinamización do barrio.

flecha verde Sensibilización da veciñanza naqueles temas de interese común

flecha verde Apoio a proxectos que beneficien á veciñanza

flecha verde Misión da AVV Emilio Crespo de Navia.

  • Atención aos veciños/as nos temas/problemas/inquedanzas de todo tipo que entren no ámbito de actuación desta Asociación Veciñal.
  • Canalización das queixas/problemas/melloras/peticións diante das Administracións Públicas, (ou doutro tipo de entidades), que entren no ámbito de actuación desta Asociación.
  • As que indican os Estatutos.

flecha verde Finalidade da Asociación Veciñal de Navia "Emilio Crespo".

Creada neste barrio de Vigo en 1978, ten os seguintes fins, (tal e como se indica no Artigo nº 3 dos seus Estatutos):

  1. A reivindicación constante dunha maior participación cidadá nas cuestións públicas.
  2. A loita contra a especulación do solo.
  3. A mellora da calidade de vida e a esixencia dunha maior participación das veciñas/os en tódalas decisións que lles afecten.
  4. A coordinación solidaria de tódolos veciños/as en defensa dos fins desta Asociación.
  5. A defensa dos dereitos de tódalas persoas, especialmente as marxinadas e explotadas, na procura de que o noso barrio e cidade teña lugares de lecer, educación, cultura, reunión e convivencia.
  6. A busca da unidade de tódolos veciños/as do barrio.
  7. A defensa do idioma galego, que será empregado preferiblemente pola Asociación.
  8. A defensa da calidade de vida das veciñas/os en tódolos seus aspectos (alimentos, auga, aire libre, escolas, vivendas, sanidade pública, urbanismo, cultura, etc.).

Online bookmaker Romenia bet365