The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

VIVENDA FIXA EN 6,7 MILLÓNS DE EUROS O PREZO DE DÚAS PARCELAS DE NAVIA PARA 192 VIVENDAS

el . Publicado en Urbanismo

A Consellería de Vivenda e Solo fixou en 6,7 millóns de euros o prezo de venda das parcelas número 19 e 20 do polígono de Navia, que se destinarán á construción de pisos de protección autonómica.

A superficie de ambas é de dúas mil metros cadrados, nos que se edificarán 192 vivendas. O prezo máximo dun piso de 75 metros cadrados, con garaxe e trasteiro será de 105.446 euros.

A Xunta enajenará esas parcelas, pertencentes á segunda fase do polígono de Navia, a través de concurso público, cuxas basees publicaranse este mes.

Poderán concorrer cooperativas de vivendas, ademais de promotores privados e entidades de carácter social sen ánimo de lucro, que teñan como obxectivo a promoción e construción da vivenda a prezo taxado.

Preferencia mulleres

Terán preferencia as propostas suscitadas por promotores sociais sen ánimo de lucro ou empresas con mulleres. O prezo será inamovible e, xa que logo, non se aceptará ningún tipo de modificación.

A calidade arquitectónica será fundamental á hora da puntuación. Concretamente, valorarase o anteproxecto das vivendas e da contorna das mesmas, así como o carácter innovador das solucións construtivas.

Imprimir

APROBADAS A CONSTRUCCIÓN DE NOVAS BEIRARRÚAS NA RÚA SAN PAIO.

el . Publicado en Tráfico

A Comisión de Xestión Municipal do Concello de Vigo reuniuse hoxe xoves para aprobar un conxunto de obras por un valor total de 1,7 millóns de euros, dentro do Plan Parroquias. Os traballos, que consistirán na maioría dos casos na construción de beirarrúas. O acordo da Comisión contempla a construción de beirarrúas na rúa San Paio, en Navia, destinando 40.000 euros.

Serán beirarrúas construídas con formigón acabado en cor e con terrazo de 64 tacos. O Concello calcula que a construción destas beirarrúas comezará a partir de mediados de setembro. Isto dependerá do cumprimento dos prazos previstos.

De ser así, as obras aprobadas hoxe xoves pola Comisión de Xestión Municipal poderían estar finalizadas, na súa maioría, antes de rematar o presente ano. Agora o acordo da Comisión deberá recibir o visto bo da Xunta de Goberno Local.

Imprimir

COMUNICADO DA AV DE NAVIA SOBRE OS SERVIZOS MUNICIPAIS NA PARROQUIA

el . Publicado en Xestións

A Asociación Veciñal de Navia xirou aos medios de comunicación locais un contundente comunicado no que critica con dureza a actuación dos servizos municipais de limpeza na parroquia e o pésimo estado da rede de suministro de auga por mor da rotura esta mañá por enésima vez da tubería de abastecemento na rúa San Paio.

A continuación o comunicado:

Imprimir

CONTRATACION DO PROXECTO CONSTRUCTIVO DO CENTRO DE SAUDE DE NAVAI

el . Publicado en Sanidade

O novo centro de saúde de Navia xa está en marcha. Onte publicouse no DOGA o anuncio para a contratación do proxecto constructivo, que deberá estar listo en tres meses. Albergará 17 consultas de medicina xeral e 14 de enfermería. E contará cun área específica de pediatría, con 3 consultas médicas e outras 3 de enfermería.

A nova infraestructura terá uns servizos similares aos do ambulatorio da rúa Rosalía de Castro, o máis recente da cidade. Dado que se situará nun barrio novo, o novo ambulatorio prestará especial atención ás futuras nais. Para elas haberá un área de atención obstétrica, con consulta de matrona e sala de preparación maternal.

A dotación deste centro de saúde completarase cunha consulta odontolóxica e unha hixienista dental, un asistente social e unha sala de ciruxía menor. O Sergas estima que nesta parroquia vivirán preto de 30.000 persoas.

Calendario de Eventos

Junio 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365