The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

CAMPAMENTO DE VERÁN ORGANIZADO POLA AV NAVIA

el . Publicado en Eventos

A Asociación Veciñal de Navia organiza este ano por primeira vez un Campamento de Verán para os nenos/as da parroquia e que sexan socios/as. O campamento de verán se realizará segundo a demanda nos meses de xullo e/ou agosto. O horario sera de 9.00 a 14.00 horas coa posibilidade de deixar aos nenos ás 10.00 horas. As idades dos nenos para participar serán de entre 5 e 14 anos.

Imprimir

INSTALARÁN RADARES PARA CONTROLAR A VELOCIDADE EN SAMIL

el . Publicado en Tráfico

Segundo manifestou o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, o Concello de Vigo espera que a finais de ano estean en funcionamento tres radares fixos de control de velocidade nas Avenida de Samil, Avenida de Europa e nos túneles de Beiramar e da AP-9, na súa saída cara ao Porto.

Os tres radares, que serán instalados en nove cabinas, seranlle entregados ao Concello pola Xefatura Central de Tráfico, que achegará 385.000 euros dos seus orzamentos para a súa execución.

O Concello, segundo o convenio asinado o pasado 6 de abril coa Xefatura Central de Tráfico, realizará os investimentos necesarios para a execución de toda a obra civil (canalizacións, arquetas, illas, etc.), así como as acometidas eléctricas necesarias para alimentar os cinemómetros. Ademais, o Concello efectuará o abono dos consumos de enerxía á empresa subministradora, contratará o mantemento e conservación das instalacións e levará a cabo as revisións periódicas dos elementos que se deterioren polo uso continuo ou como consecuencia de accidentes.

Imprimir

A XUNTA LICITA 384 VIVENDAS EN NAVIA

el . Publicado en Urbanismo

A Xunta sacou á licitación 384 vivendas de promoción pública no polígono de San Paio de Navia. A contía máxima prevista da contratación ascende a 35.725.495 euros. As obras teñen un prazo de execución de trinta meses e a Consellería de Vivenda estima que se iniciarán no próximo mes de novembro. Onte a consellería sacou a concurso a dirección de obra e a coordinación de seguridade e saúde por importe de 1.480.869 euros.

A parcela na que se edificarán as vivendas obxecto de concurso ocupa 5.456 metros cadrados nos que se levantarán dous bloques de 192 vivendas cada un.

Das 384 vivendas proxectadas 80 contarán con dous dormitorios e unha superficie útil de 63 a 65 metros; 223 pisos terán tres dormitorios e entre 78,5 e 88 metros e 81 vivendas dispoñerán de catro dormitorios e posuirán 90 metros cadrados.

Das vivendas previstas, doce delas, de tres dormitorios e 88 metros cada unha estarán adaptadas ás necesidades de minusválidos.

Imprimir

PRESENTADAS 11 PROPOSTAS PARA O CONCURSO DE IDEAS DO ESPAZO VERDE DO PAU NAVIA

el . Publicado en Urbanismo

A Consellería de Vivenda e Solo recibíu 11 propostas presentadas ao concurso de ideas convocado co obxetivo de ordear o espacio verde do P.A.U. de Navia. O prazo de admisión, en forma de anteproxecto, rematou o pasado luns 29 de maio.

O xurado, presidido pola conselleira Teresa Táboas, reunirase o vindeiro 13 de xuño para decidir cál dos 11 anteproxectos presentados é o máis axeitado. O premio consiste na realización do proxecto de execución para a ordeación do espacio verde de As Teixugueiras en Navia, que deberá estar concluido a finais do próximo novembro.

Posteriormente, a comenzos de 2007, procederase a licitar e adxudicar as obras, todos estos pasos a través de Xestur Pontevedra, sociedade adscrita á Consellería de Vivenda e Solo.

O espacio verde do P.A.U. de Navia ten unha superficie de 109.000 metros cadrados nos que a Consellería de Vivenda pretende acoller un gran parque para o ocio dos veciños, ademáis de recorridos peatonais entre os edificios deste gran polígono de vivendas que, cando esté finalizado, albergará 4.000 vivendas protexidas.

O xurado, no que estarán representados os veciños por parte da Asociación Veciñal de Navia, valorará a viabilidade económica e medioambiental dos anteproxectos presentados, así como a durabilidade dos materiais do mobiliario urbano e a creación de diversos ambientes dentro do propio parque.

A Consellería de Vivenda e Solo invertirá algo máis de 6,2 millóns na execución das obras de ordeación do espacio verde que se realizarán en dúas fases. Nunha primeira fase ordearase unha superficie de 64.295 metros cadrados e na segunda 44.705 metros cadrados.

Calendario de Eventos

Junio 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365