The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

CELEBRACION DA FESTA DOS MAIOS

el . Publicado en Eventos

Este ano, por primeira vez en moito tempo, recuperarase na parroquia a celebración dunha festa tradicional galega: a Festa dos Maios. A celebración desta festa comezará o venres 5 e continuará o sábado 6 de maio.

Os actos de celebración comezarán o venres 5 ás 16.00 horas coa confección do Maio nas instalacións da Asociación Veciñal de Navia.

A celebración continuará o sábado 6 a partir das 17.00 horas co paseo do Maio polas rúas e camiños da parroquia acompañado polo canto das coplas compostas para a ocasión.

Na escenificación do paseo do Maio pola parroquia participarán os rapazes do Grupo de Teatro Navia.

Imprimir

PRIMEIRAS DENUNCIAS POR SOBREPREZOS DOS PISOS ANTE A XUNTA

el . Publicado en Urbanismo

Propietarios de vivendas da urbanización do P.A.U. Navia realizaron onte ante a Xunta de Galicia as primeiras denuncias por sobreprezos na adquisición dos seus pisos de protección oficial nun encontro celebrado na sede a Administración autonómica en Vigo, entre os responsables da Consellería de Vivenda e da Asociación Veciñal de Navia.

Os responsables da Consellería de Vivenda decidiron pór facturas e documentación en mans dos inspectores do departamento para decidir o inicio de posibles accións xudiciais.

Imprimir

SOLICITUDE DE RECEPCIÓN DA RUA TEIXUGUEIRAS AO CONCELLO

el . Publicado en Urbanismo

Texto da carta dirixida ao Concello de Vigo para que recepcione o segundo tramo da rúa Teixugueiras e así responder ás demandas dos veciños que xa residen neste lugar da parroquia de Navia.

Acontinuación o texto da carta:

"En resposta a petición dos veciños da rúa Teixugueiras da Parroquia de Navia, a Asociación Veciñal de Navia, trasladalle ao Concello de Vigo a petición para que igual que se fixo en meses pasados, onde o Concello recepcionou parte da Rua Teixugueiras para que os veciños fixeran uso das suas vivendas, prolongue a petición ao resto da rúa.

Hai centos de veciños coas suas vivendas rematadas e non poden facer uso delas por un problema de entendemento. Neste momento a operación seria moito mais sinxela que a de fai uns meses porque neste momento a Conselleria da Vivenda e Solo ten licitado as obras para repoñer o saneamento estropeado polas constructoras e polo tanto o reparto das responsabilidades estaria asumido."

Navia a 26 de Abril do 2006

Asdo. Xose Sánchez Blázquez
PRESIDENTE

Imprimir

APROBADO O INICIO DAS OBRAS DE REPARACION DO PAU NAVIA

el . Publicado en Urbanismo

O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura dun convenio con Xestur-Pontevedra para a realización das obras de reparación da urbanización da 1º e 2º fases do polígono de vivendas do P.A.U. Navia por un importe de 282.677 euros.

As obras realizaranse en dúas fases. Unha primeira fase de inminente execución inclúe un estudio hidroxeolóxico, inspección e limpeza de tubarias pluviais, a conexión de fecais na parcela P-XIII, así como a reparación dun socavón na rúa 2º e a realización dun camiño peatonal de acceso ao colexio. O orzamento para estas actuacións ascende a 97.827 euros.

A segunda fase comprende a limpeza de tubarias de toda a urbanización, revisión, limpeza e reparación de galerías, o cambio de emprazamento dun transformador e a reparación doutro por deterioro, así como a limpeza e mantemento da urbanización. Neste caso o orzamento ascende a 159.152 euros e as obras realizaranse a curto prazo.

Estas obras de reparación na urbanización do P.A.U. Navia son necesarias dados os desperfectos detectados despois de que as empresas construtoras das vivendas entregaron as obras, pero está pendente a execución da reparación integral da rede de saneamento da urbanización por un importe de 1,3 millóns de euros, cuxas obras se contratarán en menos de dous meses.

Calendario de Eventos

Octubre 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Online bookmaker Romenia bet365