The Best bookmaker bet365 Bonus

Дървен материал от www.emsien3.com

Imprimir

O TEMPORAL DESTA FIN DE SEMANA DEIXA PEGADA EN NAVIA

el . Publicado en Sucesos

O temporal de vento e choiva que asolou as Rias Baixas esta pasada fin de semana deixou a sua pegada na parroquia de Navia, principalmente en barrios costeiros como o de Samil.

A forte oleaxe rexistrada na noite do sábado ao domingo bateu con forza na praia de Samil volcando area sobre o paseo marítimo. Por momentos a auga do mar irrumpíu con forza nos estacionamentos ata a Avenida de Samil na zona diante do camping, obrigando a Policia Local a pechar ao tránsito rodado o vial durante varias.

Os servizos de limpeza traballaban esta mañá para recuperar e devolver a normalidade a praia de Samil onde a forza do vento tumbou varias árbores. No resto da parroquia deixouse sentir tamén en forma de desplazamento de colectores de lixo e ramallos e polas de árbores.

Imprimir

NOVIDADES SOBRE AS FARMACIAS DE NAVIA

el . Publicado en Sanidade

Logotipo farmaciaEste luns 2 de xaneiro abríu ás suas portas a oficina de Farmacia situada na rúa Teixugueiras, na nova urbanización de Navia, malchamada coma PAU. A nova oficina foi trasladada dende oseu emplazamento orixinal na rúa Montero Ríos. Ainda que situada xeográficamente no límite coa parroquia de Comesaña, prestará servicio aos veciños de Navia namentres non se inaugure a oficina de Farmacia provisional. O horario de atención ao público é de 9.30-13.30 polas mañás e de 16.30-20.00 polas tardes.

Imprimir

PROHIBICION DE FUMAR NA SEDE DA AV NAVIA

el . Publicado en Sociedade

Poñemos en coñecemento dos socios e usuarios da sede da Asociación Veciñal de Navia que en cumprimento da LEY 28/2005 de 26 de decembro, de medidas sanitarias frente ó tabaquismo e reguladora da venta, o suministro, o consumo e a publicidade dos productos do tabaco, PROHÍBESE FUMAR na totalidade das dependencias desta entidade a partir do 1 de xaneiro de 2006.

Igualmente informamos que como consecuencia da mesma Lei non podemos habilitar, como era intención da Xunta Directiva, un espacio destinado a fumadores, xa que este feito incurriría nunha falta tipificada como grave e sancionado con multa de entre 601 e 10.000 euros.

Con esta información rogamos a comprensión e colaboración dos fumadores xa que o incumprimento da Lei ocasionará sancións para o autor da infracción.

En Navia, a 30 de decembro de 2005.

Imprimir

A ALCALDESA DE VIGO REALIZA UNHA VISITA INSTITUCIONAL A NAVIA

el . Publicado en Xestións

A Excma. Alcaldesa do Concello de Vigo, Dna. Corina Porro, realiza no dia de hoxe unha visita institucional a parroquia de Navia, onde manterá unha reunión cos veciños para coñecer de primeira man a problématica local. A visita, confirmada nas últimas horas polo gabinete da Alcaldía, tamén terá por obxeto a inauguración das obras de reparación efectuadas no Auditorio da Asociación Veciñal de Navia, así como a presentación do proxecto de construcción do Pabellón de deportes para Navia, respondendo a unha das máis ansiadas demandas veciñais. Neste proxecto destaca a gran xestión da concellala de distrito, Dna. Soledad Polo Lima, demostrando unha vez máis o seu grande compromiso con Navia.

Calendario de Eventos

Junio 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Online bookmaker Romenia bet365